"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • GALICIA

    Atleta. Especializado en lanzamentos, foi dez veces campión de España de lanzamento de disco (1987-1992, 1994-1996 e 2000) e unha de lanzamento de peso en pista cuberta (1991). Gañou a Copa de Europa en 1996 e participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) en lanzamento de martelo e en Atlanta (1996) e Sydney (2000) na proba de lanzamento de disco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Armando, en 1968 trasladouse a Coimbra, onde comezou a traballar en madeira. A súa obra, dun simbolismo de arraigamento primitivista, resulta unha síntese de clasicismo e romanticismo, aínda que tamén se observan as influencias de escultores españois e europeos do período de entreguerras (1920-1930). Realizou diversas exposicións en Galicia e no estranxeiro, e a súa obra figura en museos e institucións de Italia e Reino Unido (Edimburgo). Destaca da súa obra Movimiento (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Florencio de Arboiro, a proposta estética da súa obra vinculouse ao seu arraigamento no medio rural (Pastoreando, 1980), incorporando símbolos relacionados moitas veces con lendas populares (Meiga, 1988-1990). Preferiu empregar materiais de suxerentes formas tomados da natureza e reutilizalos sen apenas transformar. A súa obra, da que destacan Afiador (1980-1982) e Maternidad (1980), está presente en mostras individuais e colectivas en Galicia e España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi xefe de servizo de Medicina Interna do Hospital Universitario de Val d’Hebrón, membro de diversas comisións ministeriais da especialidade de Medicina Interna e vicepresidente da Sociedad Española de Medicina Interna. Recibiu o Premio José Trueta a la Investigación (1988), o Premio Farreras Valenti da Sociedad Catalana de Medicina Interna e o Premio Janssen-Cilag de investigación biomédica en SIDA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Adestradora. Foi directora técnica de ximnasia rítmica da Federación Gallega e directora técnica do Club 2000 de ximnasia. Obtivo a Medalla al Mérito Gimnástico de la Federación Española e o diploma de honra do Consejo Superior de Deportes. Escribiu La gimnasia rítmica. Metodología e La gimnasia rítmica: un planteamiento educativo motriz. Obtivo o campionato de España como adestradora en 1978, 1979 e 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e historiador da arte. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, foi crítico da arte en diversas publicacións. Escribiu Camilo Nogueira (1904-1982) (1996) e A pintura galega (1850-1950). Escola, Contextualización e Modernidade (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Villafínez, na súa traxectoria artística distínguese un primeiro período de formación, con Mariano Tito Vázquez, en que comezou copiando estampas e ilustracións de influencia xaponesa. Principiou a realización de paisaxes urbanas, sobre todo de Santiago de Compostela, cunha técnica impresionista. Foi abandonando o debuxo para darlle unha maior relevancia á luz e á cor. Destacan Bonaval (1930?), Pórtico da Gloria (1935), Torre do Reloxo (1935), Interior da catedral de Santiago, Vista de Santiago desde a Ferradura (1940?) e Os profetas (1941). Nos últimos anos tivo que realizar pinturas en serie destinadas ao gran público, como a repetición do motivo do Pórtico da Gloria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Oficial carlista, irmán de Xoán Martínez Villaverde. Foi depurado en 1832 do exército e uniuse ás filas dos carlistas. En 1834 levantou unha partida carlista nos arredores de Chantada e organizou a ocupación de Lugo, durante a que morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, irmán de Francisco Xavier Martínez Villaverde. Cura e guerrilleiro carlista, nomeárono cóengo de Mondoñedo (1824) e arcediago de Melide. Presidiu a Xunta Carlista de Galicia e, trala disolución desta en 1839, fuxiu a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alonso Marínez de Montánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Párroco de Santa Eulalia de Ponte Caldelas (Ponte Caldelas), foi capelán honorario do rei e cabaleiro da Real Orden de Carlos III. Escribiu Memorias de Galicia (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e eclesiástico. Foi provisor e gobernador eclesiático da diocese de Ourense en 1810 e cóengo da catedral de Ourense. Defensor do absolutismo, foi deputado nas Cortes de Cádiz (1810-1813).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e músico. Colaborou e participou en diversos grupos de rock, folk e jazz. Realizou partituras para as compañías Luís Seoane, Teatro do Atlántico e o Centro Dramático Galego. Gañou o Premio María Casares á mellor música orixinal por Como en Irlanda (1997) e por Si o vello Simbad volvese ás illas (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María de la Concepción Martínez Bernat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Estudiou teoloxía e ingresou nun mosteiro dominicano. En 1884 foi destinado a Filipinas como misioneiro e alí publicou a revista semanal manuscrita La Sabatina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Entre 1874 e 1876 colaborou no xornal La Luz. Foi un dos fundadores, en 1880, xunto con Enrique García, da Escola Fröbel de Pontevedra. Participou no Congreso Rexional Pedagóxico de 1887 en Pontevedra, onde defendeu que a educación tiña que ser a mesma para homes e para mulleres, así como a necesidade da incorporación da muller á escola. Publicou algunhas traducións do francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constantino Martínez Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Foi deputado nas Cortes pola provincia de Ourense (1837-1838) e fusilado en Carral pola súa participación no Levantamento de 1846.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi xefe do Servicio de Programas Culturales de TVE e xefe do Servicio de Programas Dramáticos de TVE. Escribiu numerosas obras sobre temas históricos e de heráldica, entre as que destacan Cuartilla, Consideraciones sobre lo humano, lo lírico y lo clásico en la poesía de Lope de Vega, Trovadores gallegos. Macías el Enamorado y Juan Rodríguez del Padón (1944), El bosque de Ancines (1966) e Elegía de la muerte de mi padre, Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña (1978). Foi membro da Real Academia de la Historia de Madrid, da Real Academia Galega, da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, da que foi presidente de honra, da Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación e da Academia Nacional de Bellas Artes da República Arxentina. Recibiu a Medalla de Galicia (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquiveira. Foi secretaria técnica do Museo Provincial de Belas Artes da Coruña (1948-1961), arquiveira-bibliotecaria do concello da Coruña desde 1960 e membro de número e secretaria-conservadora perpetua do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses desde a súa creación. Escribiu Catálogo del Museo provincial de Bellas Artes de La Coruña. Año 1957 y Transcripciones, traduciones y glosas de “Privilegios Reales y Viejos Documentos de La Coruña (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO