Martínez Villafínez, Lino Xosé

Martínez Villafínez, Lino Xosé

Pintor. Coñecido como Villafínez, na súa traxectoria artística distínguese un primeiro período de formación, con Mariano Tito Vázquez, en que comezou copiando estampas e ilustracións de influencia xaponesa. Principiou a realización de paisaxes urbanas, sobre todo de Santiago de Compostela, cunha técnica impresionista. Foi abandonando o debuxo para darlle unha maior relevancia á luz e á cor. Destacan Bonaval (1930?), Pórtico da Gloria (1935), Torre do Reloxo (1935), Interior da catedral de Santiago, Vista de Santiago desde a Ferradura (1940?) e Os profetas (1941). Nos últimos anos tivo que realizar pinturas en serie destinadas ao gran público, como a repetición do motivo do Pórtico da Gloria.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Marín

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Compostela