Martínez, Bernardo
Martínez, Bernardo
Compositor e músico. Colaborou e participou en diversos grupos de rock, folk e jazz. Realizou partituras para as compañías Luís Seoane, Teatro do Atlántico e o Centro Dramático Galego. Gañou o Premio María Casares á mellor música orixinal por Como en Irlanda (1997) e por Si o vello Simbad volvese ás illas (2000).