"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1786-1797), fillo do príncipe Augusto Guillerme. Sucedeu o seu tío Federico II. Membro da primeira coalición contra Francia (1793), as vitorias francesas e os seus intereses en Polonia inducírono a firmar a paz por separado polo Tratado de Basilea (1795). En 1793 anexionouse Danzig e Thorn, e en 1795 Varsovia. Reduciu as liberdades e á súa morte deixou o exército e a economía debilitados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1797-1840), fillo e sucesor de Federico Guillerme II. Coaligado con Rusia, atacou Francia (1806) e, tralas derrotas de Jena, Auerstedt e Friedland, asinou a Paz de Tilsit (1807), que deixaba o reino reducido á metade. En 1813 uniuse á coalición contra Napoleón e o Congreso de Viena (1815) restituíulle aumentados os territorios perdidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1840-1861), fillo e sucesor de Federico Guillerme III. Reprimiu a Revolución de 1848, pero tivo que outorgar unha Constitución. Enlouqueceu en 1857 e asumiu a rexencia o seu irmán Guillerme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e cronista alemán. Enviado pola familia Welser a América, explorou entre 1529 e 1540 a área de Venezuela e Colombia. En 1538 participou na fundación de Santa Fe de Bogotá. Foi autor da Historia indiana (1557).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Estudiou na University of Meryland e na Princeton University, na que se doutorou en 1969. En 1978 otorgóuselle a Medalla Fields por diversas innovacións en análise clásica, útiles no estudo da interficie entre análise harmónica, análise complexa e as ecuacións diferenciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Doutorouse na Universidade de Heidelberg (1837), foi profesor na Polytechnische Schule de Stuttgart e vicepresidente da Deutsche Chemische Gesellschaft. Investigou no campo da química industrial, principalmente sobre sales e derivados do ácido benzoico. Descubriu a reacción e o reactivo que levan o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido cortical que orixina o felóxeno, que se constitúe por células ricas en clorofila e non suberizadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos fenicopteriformes.

    2. Ave da orde dos fenicopteriformes.

    3. Orde de aves á que pertence a familia dos fenicoptéridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza individual dunha escenografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que establece que a ecuación xn+yn=zn, onde n é un número enteiro maior que 2, non ten solución enteira distinta da x=y=z=0. P. S. de Fermat afirmou que localizara unha demostración lendo un libro de Diofanto, pero esta demostración nunca se atopou. Por iso, tamén se denomina conxectura de Fermat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Números, Fn, definidos pola expresión Fn=22n+1, para n=1,2,3,..., ?. P. S. de Fermat creu que estes números eran primos, pero no ano 1740 L. Euler deu unha descomposición para F5=4.294.967.297, como produto de 641 por 6.700.417, e posteriormente localizáronse descomposicións para outros números. En 1796 C. F. Gauss demostrou que os únicos polígonos regulares que se poden construír con regra e compás son os que teñen un número de Fermat de lados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado occitano. Estudiou en Toulouse e destacou polos seus traballos en matemáticas. Introduciu por primeira vez o infinito no cálculo, descubriu as propiedades de diversos números e está considerado como o creador da moderna teoría dos números. Con R. Descartes aplicou a alxébra á xeometría, e, con B. Pascal, fundou a teoría das probabilidades. Aplicou o concepto das variables infinitesimais aos problemas de cuadratura, de cálculo de máximos e mínimos, e á construción de tanxentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio da óptica xeométrica que establece que o camiño óptico que percorre un feixe luminoso entre dous puntos ten un valor extremo, máximo ou mínimo, respecto a calquera outro camiño óptico que se poida considerar entre estes dous puntos. Como consecuencia, o tempo que o feixe luminoso tarda en ir dun punto a outro é mínimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dado un triángulo ABC, problema que consiste en localizar un punto M do plano para o que a suma MA+MB+MC é mínima. O problema admite como solución o punto de Fermat, se os tres ángulos do triángulo son menores de 120°.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dado un triángulo ABC, punto de concorrencia F das rectas AA’ BB’ e CC’ determinadas grazas aos triángulos equilateros exteriores ABC’, ACB’ e BCA’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que establece que se p é un número primo e a un número primo con p, entón satisfaise que ap-1-1 é divisible por p; é dicir, ap-1)(mod p). Tamén recibe o nome de teorema pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pausa na fin dun fragmento musical. Adoita indicarse cun caldeirón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode fermentar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso metabólico de transformación dun substrato orgánico que consiste nunha serie de reaccións de oxidación-redución catalizadas por enzimas para obter enerxía e que teñen lugar con ou sen desprendemento de gases. A característica principal destas vías metabólicas de degradación é que tanto as substancias oxidadas como os mesmos oxidantes son compostos orgánicos que se orixinan durante o proceso a partir do substrato orgánico inicial. Así pois, na fermentación non existe unha oxidación neta, a diferenza da respiración, na que o osíxeno atmosférico é o oxidante ou o aceptor final de electróns. Un mesmo substrato pode producir unha substancia ou outra, segundo as condicións de pH, o tipo de enzimas ou o abastecemento de osíxeno. As fermentacións denomínanse polo nome do produto máis abundante que se forma na mesma. Entre as fermentacións anaerobias, que teñen lugar en ausencia de osíxeno, as máis importantes son a alcohólica, a láctica, a propiónica e a acetonabutanólica; e entre as aerobias,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen fermenta.

    2. Reactor no que se leva a cabo a fermentación. Consiste basicamente nunha cuba ou depósito de grandes dimensións, xeralmente cilíndrico, de aluminio ou aceiro inoxidable. Está provisto dun sistema de aireación, no caso de fermentacións aerobias, e dun sistema de control de temperatura. Xunto co fermentador, existe un sistema de esterilización, xeralmente por calor, que permite eliminar completamente os microorganismos estraños á reacción e que poderían interferir nela. Os fermentadores son reactores pechados, para evitar as perdas por evaporación e a contaminación do produto, que traballan, case sempre, en réxime descontinuo.

    VER O DETALLE DO TERMO