"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

  • Drama en cinco actos de William Shakespeare, que se estreou durante a tempada teatral de 1594-1595. A obra representa as rivalidades entre dúas familias de Verona, e por mor desta situación son vítimas os seus fillos, Romeu Montesco e Xulieta Capuleto. Estes, casados en segredo, morren traxicamente, feito que reconcilia a ambas as dúas familias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ciclista suízo. Conseguiu numerosos éxitos no mundo do ciclismo profesional como a Vuelta a España (1992, 1993 e 1994), o Giro de Italia (1995) e o Criterium Internacional (1993). Obtivo a medalla de bronce na proba contrarreloxo nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996. Retirouse en 1997.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal de campo alemán. Durante a Segunda Guerra Mundial comandou as tropas do Afrikakorps (1941), coas que acadou numerosas vitorias ata que topou con Montgomery en El-’Alamein (1942). Ao volver a Europa encomendóuselle a defensa atlántica desde a costa holandesa ata o Loira. Retirado a Baviera despois do Desembarco de Normandie, relacionouse cos conxurados do 20 de xullo de 1944, e foi cominado ao suicidio por A. Hitler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Foi a París (1764) e a Italia (1773-1775), onde recibiu a influencia da pintura neoclásica. Destacou polos seus retratos elegantes e inexpresivos e da súa produción salienta Ariadna (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está truncado ou sen punta.

    2. Que lle custa entender as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e escritor. Membro do colectivo poético Rompente, participou na obra conxunta deste colectivo titulada Galletas Kokoschka non (1979), coa que pretendían experimentar con novas formas. No apartado audiovisual colaborou co grupo musical Siniestro Total e realizou diversos traballos para a TVG. Escribiu Anaí, o conto (1983), en que incluíu unha partitura de Enrique Macías; o poemario Miniaturas (1987), formado por composicións moi breves nas que introduce unha trama amorosa, acompañadas de pequenas prosas con algún monólogo interior e textos de carácter cinematográfico; e Et finira le jour de son commencement (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen rompe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de romper ou romperse algo.

    2. Feito de partir ou partirse algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. rompedura.

    2. Ruptura de relacións entre persoas, institucións ou países.

    3. Cortina recortada que deixa ver aquilo que hai no fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que rompe.

    2. Escollo ou lugar onde rompen as ondas.

    3. Primeira luz ao abrir o día.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo poético formado por Alberto Avendaño, Antón Reixa, Manuel M. Romón, Facurro Sesto e Camilo Valdeorras en Vigo (1975), ao que se uniu nun principio Alfonso Pexegueiro. Influenciados polo dadaísmo, o surrealismo e a pop-art, practicaron a escrita automática en galego e buscaron a provocación en cada unha das súas propostas. Publicaron de forma conxunta o primeiro libro en 1978, titulado Silabario da Turbina, ao que seguiron Fóra as vosas sucias mans de Manoel Antonio (1979) e, na serie “Tres tristes tigres” (1979), As ladillas do travesti, de A. Reixa; Facer pulgarcitos tres, de A. Avendaño; e Galletas kokoschka non, de M. Romón. Baixo o selo de Rompente tamén saíron á luz dous volumes significativos da poesía galega, Con pólvora e magnolias (1976), de Méndez Ferrín, e Seraogna (1976), de Alfonso Pexegueiro. En 1983 presentaron o seu último proxecto en común, A dama que fala, acompañado dun espectáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dividir unha cousa en anacos máis pequenos.

      2. Facer nunha cousa unha abertura ou un buraco.

    1. Facer cesar a continuidade dun estado, un proceso ou unha relación.

    2. Interromper a continuidade dun corpo fluído ao atravesalo.

    3. Labrar por primeira vez unha terra para poñela en cultivo.

    4. Desfacer unha fila as persoas que a forman. OBS: Xeralmente emprégase na expresión militar rompan filas.

      1. Quedar unha cousa en anacos máis pequenos.

      2. Quedar unha cousa separada por unha abertura.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monte que se labra para cultivalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política filipina. Coñecida como Imelda Marcos,desempeñou cargos como, ministra de Asentamento e Ecoloxía, durante o mandato ditatorial do seu marido Ferdinand Edralin Marcos. Foi primeira dama de Filipinas (1965-1986) ata que a familia tivo que exiliarse a EE UU. En 1993 foi condenada por delitos de corrupción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do xermánico Hromwald, composto de hrôm ‘sona, fama’, e wald ‘mando, goberno’, co significado de ‘que goberna con gloria’ ou ‘que gañou sona e gloria co mando’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Formado en teoloxía no seminario de Mondoñedo (1829-1832), exerceu como mestre na escola do seminario. Cultivou o latín, o galego e mais o castelán e escribiu diversos vilancetes, como o musicado por Pacheco para o Nadal de 1861.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Ao redor de 970 fíxose monxe beneditino no mosteiro de San Apollinare in Classe (Ravenna), de onde foi elixido abade en 998, pero ao ano seguinte retirouse á vida eremítica. Fundou diversas casas, que en 1012 se uniron na orde camaldulense. Iconográficamente representouse vestido con hábito branco (camaldulense) e báculo (abade). Como atributos persoais leva unha casiña rodeada de árbores sobre o brazo (alusión á vida cenobítica) e, ás veces, unha escada (en alusión a unha visión súa, na que subían os monxes da súa orde ao ceo). A súa festividade celébrase o 19 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das iridáceas, cun bulbo protexido por unha túnica coriácea, follas basais filiformes, flores de cor violeta ou branca, con dúas espatas e seis tépalos e froito en cápsula globosa ou alongada. En Galicia pódense atopar as especies R. clusiana, nas costas, sobre todo do S, e R. bulbocodium, máis común no interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Un dos fundadores míticos de Roma e heroe epónimo da cidade. Segundo a lenda, era fillo de Marte e de Rea Silvia. Lanzado ao Tíber ao nacer, xunto co seu irmán xemelgo Remo, ambos os dous foron atopados por unha loba, que os alimentou ata que foron recollidos polo pastor real Fáustulo, que os criou. Ambos irmáns derrocaron ao usurpador e fundaron a cidade de Roma. Instalado no Palatino, correspondeulle o primeiro reinado e matou ao seu irmán Remo, instalado no Aventino, ao non respeitar as estremas da cidade. Rexeitado polos seus veciños, os sabinos, organizou o rapto das súas mulleres, as sabinas, feito que motivou un enfrontamento, que rematou coa paz e que lle permitiu reinar ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO