"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Liaoning, en Manchuria, China, na aglomeración de Lüda (1.723.302 h [estim 1990]). É o principal porto do NL do país. Posúe unha industria moi diversificada na que destaca a metalurxia, o sector químico e a maquinaria agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(350? - 440) Arquimandrita de Constantinopla en tempos de Teodosio o Grande. Combateu a herexía de Nestorio e durante o Concilio de Éfeso apoiou a causa de Cirilo de Alexandría. A súa festividade celébrase o 3 de agosto.
-
PERSOEIRO
Bispo e mártir italiano. De familia pagá, converteuse ao cristianismo e predicou na Galia. Foi nomeado bispo de Pavia e morreu martirizado no 304 baixo Maximiano. A súa festividade celébrase o 15 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de introducir o ensino individualizado na escola. Helen Parkhurst, discípula de M. Montessori, iniciou este método en 1904 e realizou as súas experiencias ata 1915. O plan desenvolveuse enteiramente na High School de Dalton (Massachussetts), localidade que lle deu nome e, dende alí, estendeuse a outros países. Este plan baseábase en tres principios pedagóxicos: liberdade do alumno para escoller e organizar o seu propio traballo, xa que cada un deles organiza as súas unidades didácticas; fomentar as relacións sociais mediante a cooperación, inspirada en Dewey; e aumentar a independencia e individualidade do alumno para manifestarse tal como é, e interpretar o mundo baixo o seu punto de vista. Segundo o plan de traballo, este organizábase en fraccións, é dicir, cada alumno debía dominar unha fracción do programa para pasar á seguinte, empregando nese obxectivo todo o tempo que lle fose necesario segundo o seu ritmo de aprendizaxe. As tarefas organizábanse en seis laboratorios (lingua,...
-
PERSOEIRO
Escritor, lexicógrafo e etnógrafo ucraíno. En 1859 trasladouse a Moscova. A partir de 1819 comezou a recoller material lingüístico e folclórico para o seu dicionario, no que traballou 53 anos nas dúas primeiras edicións (1863-1866 e 1880). Publicou recompilacións de contos, proverbios e cancións. É autor do Tolkovyj slovar’ živogo velikorusskogo jazyka (Dicionario da gran lingua rusa viva, 1863-1866), con máis de 200.000 entradas de literatura, lingua, fala coloquial e dialectos, ademais inclúe proverbios e algunha información enciclopédica. En 1863 foi nomeado membro honorario da Academia de Ciencias de San Petersburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero pertencente aos xéneros Procavia, Heterohyrax e Dendrohyrax, da familia dos procávidos. Presenta un corpo groso, cola reducida, fociño curto e orellas pequenas e arredondadas. Trátase dun animal herbívoro que conta cun complexo aparato intestinal, dividido en tres cámaras, que lle permite a dixestión da celulosa. Os ouriños do damán presentan unha alta concentración de urea, carbonato cálcido e outras substancias de excreción, feito que lle permite subsistir con pequenas cantidades de auga. Ten taxas metabólicas baixas e presenta unha escasa actividade que desenvolve durante as horas de luz; gústalle poñerse ao sol e estar en contacto estreito cos outros compoñentes do grupo, feito que lle axuda na termorregulación. Encama en pedregais, lugares que constitúen un bo refuxio e presentan menos humidade ca o chan. Os grupos familiares están formados por un macho adulto, que rexeita a presenza doutros machos, as femias e as súas crías. Outros machos viven no contorno dos grupos e copulan...
-
TERRITORIOS
Territorio da India, no golfo de Khambhāt (111.000 h [estim 1994]). A capital é Daman (26.895 h [1991]). É unha rexión rica en ferro e manganeso. As industrias téxtiles e o comercio marítimo son as principais actividades económicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do mu ḥ āfa ẓ a de Al-Bu ḥ ayra, Exipto, na parte occidental do delta do Nilo, ao SL de Alexandría (222.000 h [1992]). É un importante centro comercial de produtos agrícolas e un núcleo industrial (sector téxtil).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Papa Dámaso.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico grego. Bispo de Corinto en 1921 e arcebispo de Atenas en 1938 e 1942. Foi desterrado polo goberno grego (1938-1941). Opúxose á ocupación alemá e protexeu os xudeus. O Rei Xurxo II nomeouno rexente de Grecia (1944-1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (366-384). Foi secretario dos pontífices san Fiz e san Liberio. Trala morte deste, foi elixido papa por unha parte do clero romano, pero outra facción descontenta rebelouse en contra del e opúxolle o antipapa Ursino. Co apoio imperial reivindicou os seus dereitos, ata que o seu rival foi desterrado por orde de Valentiniano. O cisma desaparecería, finalmente, con Teodosio I. Redactou e gravou epitafios con poemas (damasianos) nos sepulcros de moitos mártires romanos. Convocou o Concilio Ecuménico de Constantinopla (381) e condenou o apolinarismo e o macedonianismo. Encargoulle a san Xerome a revisión da antiga versión latina das Sagradas Escrituras, a Vulgata, que foi empregada pola Igrexa católica durante case quince séculos. Na iconografía represéntase con hábitos pontificais, casula ancha e palio (ou tiara papal), e leva como atributos unha maqueta de igrexa (por restaurar a basílica de San Lourenzo), unha lira (símbolo da súa afección literaria), unha Biblia...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
olcán situado nos contrafortes dos montes Elbruz. Constitúe o cumio máis elevado de Irán, cunha altitude de 5.604 m.
-
PERSOEIRO
Escultora. Realizou obras de gran tamaño entre as que destacan as cabezas de Támesis e de Isis na ponte Henley e a estatuta de Enrique III en Edimburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino derivado do latín Damianus, de orixe discutida. Pode proceder de Damia, nome de Bona Dea, deusa romana da fecundidade e da prosperidade, ou de Damía, deusa oriental, aínda que tamén podería presentar a mesma orixe ca Dámaso e, daquela, viría de δάμαστος ‘domador’, e esta do verbo δαμάζω ‘domar, amansar’. Damián e Cosme (ss III-IV) son santos mártires (303) baixo Diocleciano. A festividade de san Damián celébrase o 26 de setembro (antigamente o 27 de setembro).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Joseph de Veuster.
-
PERSOEIRO
Artista plástico. Coñeceu a Herbin e Brancuse en París e incrementou o carácter xeométrico da súa obra. A partir dos anos sesenta realizou alusións arquitectónicas entre as que destacan A colina (1976) e Proxecto de San Francisco (1980). Dende 1986 realizou sobre lenzo ou relevo Cosmogonías e Sarcófagos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir cristián baixo Diocleciano (303). Xunto co seu irmán xemelgo, san Cosme, dedicouse a sandar enfermos e a predicar a fe cristiá. Ambos os dous foron martirizados durante a persecución de Diocleciano. A tradición conta que Lisias, o gobernador de Sicilia, para impedir que predicasen mandou que os botasen ao mar, pero unha grande onda devolveunos con vida; logo mandounos queimar vivos, pero as chamas queimaron os verdugos pagáns ata que, finalmente, os decapitou. Na iconografía visten roupas de médico cun bonete ou carapucha na cabeza e levan como atributos persoais instrumentos relacionados coa súa profesión. Os dous irmáns son patróns da profesión médica e farmacéutica, así como dos hospitais. Son dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII) e a súa devoción estendeuse durante o s V por todo o mundo cristián. Invócanse, ao igual que a san Sebastián e a san Roque, contra a peste, a inflamación das glándulas, a tiña, os males dos riles, a incontinencia nocturna dos nenos, etc....
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Arabia Saudí, situada no Golfo Pérsico (200.000 h [1980]). Os xacementos de petróleo convertérona nun importante porto comercial e industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor serbio. A súa obra evolucionou dende as formas xeométricas ata as propostas minimalistas nos anos cincuenta e a arte conceptual dende os setenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo dan.
-
Individuo do pobo dan.
-
Pobo que habita Costa de Marfil, Guinea Conakry, Liberia e Mali. A súa sociedade presentaba unha feble organización ao redor dos xefes de cada zona que unían os guerreiros novos en campañas contra os pobos veciños. A súa estrutura de poboación básica foi a aldea, formada por familias estendidas nas que se practicaba a poligamia e dirixida polo home máis vello. Presentan unha economía de base agrícola, dependente do cultivo do arroz, millo, mandioca e plátanos; ademais, comercian con produtos agrarios (cacao, café e caucho). Dedícanse tamén á cría de gando, como ovellas e cabras, que se empregan en festas e celebracións. Calcúlase que o seu número ascende a 1.300.000 membros. Tamén se coñece cos nomes de yacouba, yakuba ou gio.
-
Lingua pertencente á familia lingüística mande do phylum níxer-congo que fala o pobo dan.
-