"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Pintor e arquitecto. Traballou na decoración dos palacios de Oranienbaum, Petergof e Pavlovsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa dano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Exerceu o xornalismo e publicou diversas novelas humorísticas. Da súa produción destaca Les carnets du major Thompson (Os cadernos do maior Thompson, 1954), Un certain Monsieur Blot (Un tal señor Blot, 1960), Auto-mémoires (Auto-memorias, 1982) e La France dans tous ces états (Francia en todas as súas idades, 1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos ciprínidos, ovíparos, duns 4 cm de lonxitude, e de cores vivas, orixinarios do SO de Asia. Crían en catividade na acuariofilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Director do Observatorio Astronómico de París e presidente da Unión Astronómica Internacional, tamén foi membro da Académie des Sciences. Destacou polos seus estudios fotométricos de Venus e de Mercurio e polo descubrimento da influencia que o grao de actividade solar ten sobre o aspecto da Lúa. Ideou diversos instrumentos de precisión, entre os que cómpre salientar o astrolabio impersoal. Entre as súas obras destacan Description du ciel (Descrición do ceo, 1926) e Astronomie Générale (Astronomía xeral, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome danés de Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor alemán. Formouse na Karlsschule onde despois foi profesor (1789-1794). Escultor da corte dende 1780, traballou en París e Roma, onde coñeceu a Canova. O seu estilo neoclásico ortodoxo valeulle o sobrenome de Greco. Da súa produción cómpre salientar os bustos de Schiller (1794), Lavater (1802-1805) e o desaparecido de Ariadna (1806 -1810).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e pianista alemán. Realizou estudios musicais en Leipzig, onde foi discípulo de Hauptmann, Moscheles e Richter e foi profesor na Royal Academy of Music de Londres. Especialista en Wagner, foi autor de varios traballos sobre el e participou na redacción de artigos nas primeiras edicións do Grove.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Efecto causado en algo ou en alguén que supón un empeoramento do seu estado. Na tradición oral recóllense ditos como: “O dano, despois de feito, non ten remedio. Para o dano que está feito xa non hai xeito.”

      2. Lesión ou perda causada de forma directa ou indirecta por alguén noutra persoa, ocasionándolle menoscabos, entre outros, na súa personalidade, liberdade, honra e patrimonio. Comporta a obriga de compensar os prexuízos causados.

      3. Delito que comprende toda acción ou omisión intencionadas que ocasiona a lesión, perturbación ou destrución das cousas valiosas alleas, sen autorización do seu dono, ou das cousas propias especialmente protexidas polo dereito, sempre que non mereceran outra cualificación xurídico-penal. As cousas danadas poden ser mobles ou inmobles, pero teñen que ser necesariamente corporais ou susceptibles de deterioro ou destrución. Exceptúanse os supostos de incendio ou estrago, sempre que non exista unha evidente atribución de responsabilidades.

      4. dano emerxente

        Menoscabo directo que sofre unha persoa ofendida por un feito ilícito nun valor que xa existe no seu patrimonio. A indemnización de danos e perdas comprende o damnum emergens e o lucrum cessans ou produto emerxente, é dicir, o lucro deixado de obter por causa da produción do dano.

      5. dano fortuíto

        Prexuízo creado por unha acción independente á vontade humana, de natureza imprevisible e inevitable. Os contratos das aseguradoras baséanse nel para eximir do pago dalgúns sinistros.

      6. danos e perdas

        Indemnización que ten por finalidade restablecer a situación anterior ao acto lesivo producido por dó, neglixencia ou morosidade no cumprimento das obrigacións. Comprende o dano emerxente, a perda orixinada polo acto mesmo e o lucro cesante, ganancia deixada de obter polo prexudicado por causa do acto lesivo. Os danos son os menoscabos directos producidos polo feito, e as perdas son os menoscabos derivados dos danos.

      7. pena de dano

        Pena dos condenados, consistente na privación da visión beatífica.

    1. Alteración que se produce en algo, especialmente nun órgano ou organismo, que supón un mal funcionamento, sufrimento e dor.

    2. Dor ou sufrimento causado por un golpe, unha caída ou algo que altere o estado do organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa alimentaria española. As súas orixes remóntanse ao taller artesanal de Isidro Carrasco, que no 1919 iniciou a produción de iogures. En 1923 construíu a primeira fábrica en Barcelona e no 1927 en Madrid. A finais dos anos cincuenta uniuse coa sociedade francesa de Charles Gervais, creador do petit suisse, e especializada en queixo fresco, coa que se fusionou completamente en 1967. En 1973 produciuse unha nova fusión entre Gervais Danone e o grupo BSN (Boussois-Souchon-Neuvesel), que se expandiu por toda Europa, por Asia e América. En 1994 o grupo empresarial adoptou o nome de Danone, marca da súa fábrica principal, e centrouse en tres sectores de mercado: produtos lácteos, galletas e bebidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa dano ou prexuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. A súa infancia transcorreu en Curtis ata que en 1939 se trasladou á Coruña, onde comezou a debuxar e pintar da man de Dolores Díaz Baliño. As súas primeiras obras foron retratos, paisaxes e naturezas mortas realizadas coa técnica da acuarela. En 1950 fixo a súa primeira exposición e en 1952, tralo seu casamento co xornalista Celso Collazo, trasladouse a Madrid, onde estudiou no Círculo de Bellas Artes e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Ampliou a súa formación coas bolsas do ministerio de Educación Nacional (1954) e da Fundació Joan March (1959) e viaxou a Italia. Influenciada pola Escuela de Madrid, centrouse na paisaxe e, en concreto, na galega, tanto rural coma mariñeira. Ademais realizou tipoloxías populares e temas aldeáns, retratos e pequenas escenas portuarias. Nas súas primeiras obras empregou a acuarela, despois traballou o óleo. A súa pintura caracterizouse pola sinxeleza, por unha linguaxe elemental, na que utilizou cores vermellas, azuis e amarelas de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Participou coa Compañía Luís Seoane en Forzas eléctricas (1986) ou Aquela historia de Bly (1987). Posteriormente, formou parte do elenco da montaxe da Escola Dramática Galega en Como as camisas de liño, sobre textos de Ramón Otero Pedrayo. Tamén traballou coa compañía Uvegá Teatro na obra Trínguili Trángala, de Vicente Montoto. En 1992 actuou en Tatuaxe, de Manuel Lourenzo, e en 1993 en Saxo Tenor, de Roberto Vidal Bolaño. Participou, así mesmo, nas montaxes de Teatro do Atlántico Vellos tempos (1998), sobre un texto de Harold Pinter e O cerco de Leningrado (1999), a partir do texto de José Sanchís Sinisterra, interpretación esta última pola que recibiu o Premio María Casares á mellor actriz protagonista no ano 2000. Tamén para esta compañía foi axudante de dirección no espectáculo Solo para Paquita (2000), de José Sanchís Sinisterra. A súa colaboración co Centro Dramático...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Autor dramático e guionista. Comezou a súa actividade teatral como actor nos grupos Tespis e Compañía Luís Seoane e protagonizou, en 1988, O mozo que chegou de lonxe do Centro Dramático Galego. Como escritor é un dos máis relevantes autores da denominada Xeración dos 90. Aínda que a súa primeira incursión na escrita dramática é Sopa de estrelas, estreada en 1988 pola compañía Salamántiga, seguida de Waterlook, publicada na revista Ólisbos en 1990, deuse a coñecer con Matalobos, Premio Rafael Dieste de Literatura Dramática da Deputación da Coruña no ano 1993, estreada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago en 1994. Nese ano recibiu o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro por Lugar, aínda que non foi estreada ata o ano 1999 polo Centro Dramático Galego. Estruturalmente complexa, sobre todo no que se refire aos saltos espaciais e temporais, o núcleo argumental da obra xira arredor da historia dun encoro que anega un territorio chamado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rosalía Collazo Dans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ecólogo canadense. Investigou a dinámica da vexetación. É autor de Biogeography an ecological perspective (Bioxeografía como perspectiva ecolóxica, 1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega, oriúnda de Portugal. As súas armas levan, en campo de sinople, unha cruz flordelisada, de ouro; bordo do mesmo metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Traballou na catedral de Santiago de Compostela, onde participou na construción do tabernáculo do Apóstolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo portugués. Foi un dos autores escollidos polo Conservatorio Nazonal de Arte Galego para crear un repertorio e, así, entre 1919 e 1921 estreáronse na Coruña tres espectáculos baseados en textos seus: Mater Dolorosa, Rosas de todo o ano e Soror Mariana. Da súa produción destacan, ademais, O que morreu de amor (1899), Viriato Trágico (1900), A severa (1901), A ceia dos cardeais (1902), Santa Inquisición (1910), O amor em Portugal no século XVIII (1915) e Outono em flor (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Pertencente á burguesía güelfa, foi discípulo de Brunetto Latini e amigo de Guido Cavalcanti. Participou na Batalla de Campaldino (1289) e foi un dos seis maxistrados de Florencia. En 1300 uniuse ao bando güelfo dos brancos fronte ao Papa Bonifacio VIII, nese mesmo ano actuou como embaixador en San Gimignano e en 1301 encabezou unha embaixada a Roma para ofrecerlle a paz ao papa. Tralo triunfo dos güelfos negros, foi expulsado de Florencia e condenado a pagar unha sanción; ao non facela efectiva, non puido regresar á cidade e exiliouse. Viviu no norte de Italia e París e, posteriormente, trasladouse a Verona onde se relacionou con Bartolomeo della Scala e en Lunigiana cos Malaspina. Ao non aceptar as condicións que impuña Florencia para o seu regreso, continuou en Verona, baixo a protección de Can Grande della Scala, ata que se trasladou a Ravenna protexido por Guido Novello da Polenta. Da súa obra en latín destaca De vulgari eloquentia (Sobre a elocuencia vulgar, 1304-1307), estudo...

    VER O DETALLE DO TERMO