"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • LOCALIDADES

    Localidade da parroquia de Goiáns, situada no concello de Porto do Son. É un porto mariñeiro da marxe S da ría de Muros e Noia. Na contorna do dique principal desenvólvese a actividade pesqueira, que se complementa coa do porto deportivo, un dos máis importantes de Galicia. Tamén destaca como centro turístico de verán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Medín (O Pino). Ten unha longa fachada con poucos ocos na parte baixa. Destaca un escudo de armas dos Caamaño, Moscoso e Pardiñas, entre outros. Nas súas proximidades hai un hórreo de boas dimensións que conta con patín e solaina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Vicente de Gondrame (O Páramo). O seu cumio acada os 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Manabí, Ecuador, situada na ribeira dereita do río Portoviejo (170.326 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Gondulfes (Castrelo do Val). O seu cumio acada os 750 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Actuou en Madrid e París, onde a súa ópera Non irritar le donne inaugurou (1801) o Théâtre des Italiens. Máis tarde residiu en Italia, onde estreou máis de vinte óperas e música relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de posicionar ou posicionarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociacións cooperativas que non distinguían entre armadores e mariñeiros, que arelaban a mellora das condicións de vida do colectivo pesqueiro mediante o establecemento de socorros e seguros, a extensión cultural entre os asociados e o acceso ao crédito. Impulsados no devalo da Primeira Guerra Mundial polo capitán de corveta Alfredo Saralegui, estaban inspirados nas vellas confrarías de pescadores do Antigo Réxime. O funcionamento interno era de carácter corporativo, amosando un talante conciliador entre os intereses de armadores e mariñeiros e unha práctica oposta aos sindicatos de clase no mundo do mar. O primeiro que funcionou no litoral español foi o de Cambados, constituído en Nadal de 1917. Logo, aproveitando a persecución dos sindicatos durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), estendéronse por toda a beiramar galega conformando, en 1925, a Federación Gallega de Pósitos Marítimos á que pertenceron en torno a medio centenar de colectivos. Tras a Guerra Civil Española (1936-1939),...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. puerperio.

    2. Periodo inmediatamente posterior ao parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de pospoñer ou pospor.

    2. Que foi adiado ou atrasado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tempo verbal que expresa posterioridade con respecto ao pasado (Dixo que despois iría á túa casa). É un futuro no pasado, un tempo de aspecto imperfecto que deixa indeterminado o remate da acción, que, medida desde o momento en que se fala, pode ser pasada, presente ou futura: Aseguroume que o faría (‘que o vai facer, que o fixo ou que o fará’). No seu uso recto pode presentar un valor obxectivo, cando se refire a un feito que efectivamente tivo lugar (Coincidín con el en Viveiro e un mes máis tarde atoparíao no Cebreiro), ou subxectivo, cando o falante non se pronuncia sobre a realidade do feito (Despedino con bágoas pensando que non o volvería ver). Pode perder o significado prospectivo e adquirir o significado modal de probabilidade ou aproximación no pasado (Sería moi estudoso, pero non aprobou a secundaria; Daquela andaría eu polos vinte). Tamén pode aparecer referido ao presente con valor modal de cortesía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi médico titular do hospital de Santiago e do mosteiro de Santa María de Monfero ata ser nomeado en 1791 médico da cidade da Coruña. Promoveu as vacinacións masivas contra a variola en Galicia e tomou parte activa nas vacinacións que se produciron na bisbarra de Bergantiños tras o brote de 1804. É autor da obra perdida Instrución, discurso o reglamento sobre el método para administrar y difundir la vacunación antivariólica (1803).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso xesuíta e diplomático italiano. Estudou en Roma onde foi ordenado sacerdote (1561). Gregorio XIII enviouno como legado a Xoán III de Suecia, para falar do retorno deste reino á comuñón romana (1577). Actuou de mediador entre Iván IV de Rusia e Estevo I de Polonia (1581), coa finalidade de facer unha ofensiva contra os turcos. Ao seu regreso a Italia, foi profesor de teoloxía en Padua (1587-1591).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combustión anormal nun motor de acendemento por chispa, a causa dunha sucesión de acendementos superficiais producidos normalmente logo de saltar a chispa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é posterior ás eleccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no O da parroquia de Macenda (Boiro). O seu cumio acada os 544 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Coruña a partir de marzo de 1811. Cesou en 1814. Apareceu baixo os lemas “Rex in sempiternum vivere” e “Vita tamen vinces aversque Troja resurges”. Editada polo frade Xoán Chacón, saíu tres veces á semana. Estaba relacionado co Exacto correo de España en La Coruña, tamén editado polo mesmo relixioso. Os dous xornais atacaban o liberalismo, aínda que o Postillón facíao dun xeito máis violento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de poñer ou pór.

    2. Que vai ben enfeitado e amañado.

    3. Que ten bo aspecto físico e vai ben vestido, polo que resulta agradable á vista.

    4. Lugar que lle corresponde ocupar a unha persoa ou cousa.

    5. Función que desempeña unha persoa no seu traballo.

    6. Lugar en que se establece ou presta un servizo.

    7. Lugar na rúa ou nun edificio onde se vende algo.

    8. Casa ou lugar en que están os sementais para cubrir as femias.

    9. Lugar ocupado por un corpo de tropas para unha operación militar.

    VER O DETALLE DO TERMO