"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • GALICIA

    Escultor. Recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra para viaxar a Roma, onde realizou a obra titulada Protección. É tamén autor da escultura de Eduardo Vicenti situada en Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. Veciño de Valladolid, en 1654 asinou un contrato co cabido da catedral de Santiago de Compostela para realizar traballos en metal na capela maior, baixo as ordes de Peña de Toro. En 1657 abandonou a cidade compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e crítico. Licenciado en Filosofía e Letras, especializouse en artes gráficas. Empregou o pseudónimo de Alejandro Finisterre. Foi colaborador de radio, televisión e prensa de distintos países. Fundou a revista Paso a la juventud (1946); xunto co poeta Rafael Sánchez Ortega, foi redactor xefe do xornal bilingüe L’Espagne e director da empresa editorial Ecuador 0° 0’ 0, Revista de poesía universal, en México. Amais, foi o inventor do futbolín. Publicou os poemarios Cantos Quintos (1946), Cantos esclavos (1948), Cantos rodados (1950), Café, coñá y puro (1956) e Rial (1964), entre outros, o ensaio Con, sin, sobre, tras la poesía (1959) e a peza dramática Del amor y de la muerte (1961). Como autor de antoloxías poéticas hai que destacar a súa obra Poesía de Galicia contemporánea (1961), acompañada dun estudo preliminar. Tamén realizou os estudios Seis danzas catalanas (1947), Historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Foi maître de musique en Toulouse entre os anos 1683 e 1694, ano no que se trasladou a París para aceptar ese mesmo cargo na catedral de Notre Dame ata 1700. Cultivou a ópera-ballet, da que compuxo L’Europe galante (1697), e a ópera, destacando Tancrède (1702) e Camille (1717). Representou o nexo entre as obras de Lully e Rameau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro da Bancroft Library.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prepositiva, correspondente ao adverbio cando, que expresa simultaneidade na acción e que, polo tanto, equivale á expresión ‘ó mesmo tempo ca’ (

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Piñor baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Mezquita, a. baixo a advocación de San antón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narrador e dramaturgo galego. Colaborador na prensa galega da época, arredor de 1923 dirixiu o semanario Noticiero del Avia, en Ribadavia, no que publicou os seus “Paliques” satíricos, en galego, e a revista Mar, de Pontevedra. Foi o autor da novela Argentina (1895), do volume de narracións breves Luz y sombra (Cuentos y novelitas), editado en 1901, e de numerosas pezas teatrais, entre as que destaca a comedia Caminos de Damasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narrador e dramaturgo galego. Fillo do tamén narrador Emilio Canda, licenciouse en Filosofía e Letras. Fundou a revista Finisterre (1943), en Pontevedra. Publicou a obra narrativa Consigna (Memorias de un alférez provisional) (1942), a comedia En un cuarto de hora e a farsa dramática Maese recuerdo (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Publicou o poemario Cantigas e cantares (1928), con prólogo de Eladio Rodríguez, onde se atacan as correntes anovadoras de principios de século das que se desmarca o autor, inserido nas tendencias da literatura galega finisecular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Etiopia. Organizou un ataque contra as tropas romanas entre o 25 e o 22 a C. O seu nome deu o título para todas as raíñas etíopes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fechadura non fixa provista dunha barra que se introduce nas argolas dunha caixa, armario, porta, etc. Consiste nunha caixa que contén os mecanismos de fechadura e da que saen os dous extremos dunha barra, polo xeral en forma de U, un articulado e o outro provisto dunha fenda onde encaixa o pasador. Os mecanismos de fechadura poden ser substituídos por unha combinación que, por medio dun xogo de fendas e saíntes, traba o brazo articulado da barra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica que está formado sobre a base prerromana *cand ‘pedra’. Documéntase no s XVIII: “Vicente Candal” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 158).

    2. Liñaxe natural da Coruña, desde onde unha rama pasou a Nápoles. As súas armas levan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de ouro, con tres paos de goles; segundo e terceiro, en campo de ouro, con dúas vacas da súa cor, con cadanseu colar de goles, postas unha sobre a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparello, pendurado nun pau ou colocado horizontalmente entre dous paos inmediatos, utilizado para levantar e mover determinados pesos, como poden ser os botes.

    2. Cada un dos cabos que move ese aparello.

    3. Cada un dos cabos que serven para cargar o velame.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xermade baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do Principado de Asturias, regado polo Nalón, augas arriba da súa confluencia co Narcea (2.688 h [1996]). A economía baséase na agricultura, coa produción de patacas e millo, e na gandería vacúa e porcina. Dentro do termo está a cova de San Román, mostra da arte rupestre cantábrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Deza pola esquerda. Nace a 735 m de altitude, no lugar do Couto, na parroquia de Refoxos, concello de Silleda, na vertente nororiental da serra do Candán. O seu curso adopta unha dirección O-L, coa que penetra nas parroquias de Parada, concello de Silleda, e Vilatuxe, concello de Lalín, onde desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo e cámara de televisión. Realizou estudios de fotografía científica submarina no Museu de Zoologia de Barcelona en 1992 e de fotografía submarina en 1993, na Escola d’Imatge da FASCV, en Alacant. Colaborador en revistas especializadas como Muy Interesante, Imagina, Apnea e Scuba, realizou numerosos traballos fotográficos para o Acuarium Finisterrae da Coruña, o Acuario de Madrid e para a axencia Naturpress. Participou como cámara no programa de TVE La España salvaje e como fotógrafo na Guía dos peixes de Galicia (1983). Nos Campionatos de España de fotografía submarina obtivo o I Premio de fotografía de fauna (1998), creativa (1999) e macro (2000). Foi tamén campión galego de fotografía submarina (1997 e 1999). Membro da selección española de fotografía submarina (1999-2000), foi nominado mellor deportista do ano 1999 pola Federación Gallega de Actividades Submarinas.

    VER O DETALLE DO TERMO