Candán

Candán

Río afluente do Deza pola esquerda. Nace a 735 m de altitude, no lugar do Couto, na parroquia de Refoxos, concello de Silleda, na vertente nororiental da serra do Candán. O seu curso adopta unha dirección O-L, coa que penetra nas parroquias de Parada, concello de Silleda, e Vilatuxe, concello de Lalín, onde desemboca.