"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escritor occitano. Gañou o premio das Letras Occitanas (1955). É autor da escolma Lei cants dau Deluvi (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e médico da Universidade de Columbia (Nova York). Aplicou a teoría evolutiva á análise dos problemas sociais modernos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello de Asturias, na comarca de Las Brañas (2.613 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicador de retraso no tempo de inicio dunha nota musical verbo do que a súa figura indica estritamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que allea ou aliena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Il Correggio (Correggio, Emilia ? 1489 - 1534) Formado en Mantua recibiu a influencia da obra tardía de Mantegna. A súa obra enriqueceuse co sfumato de Leonardo da Vinci e co colorismo veneciano. Seguramente foi a Roma cara ao ano 1518, onde estudiou a obra de Rafael e de Miguel Anxo. Fixo as pinturas murais da igrexa de San Xoán Evanxelista (1520-1523) de Parma; a cúpula, que representa a visión de san Xoán en Patmos, foi un precedente das perspectivas ilusorias das cúpulas barrocas. Cómpre salientar, así mesmo, a Nai de Deus de san Xerome, coñecida como O Día (1527-1528) e a Adoración dos pastores, coñecida como A Noite (1530). Os últimos anos da súa vida, fixo unha serie de pinturas sobre os amores de Xúpiter. A súa obra anuncia o Maneirismo e constitúe un importante precedente do Barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e tipógrafo francés. Participou na Comuna de París, feito polo que foi condenado no 1871 a traballos forzados en Nova Caledonia, para ser amnistiado en 1880. Militou no Partido Socialista Posibilista e promoveu a súa á esquerda, coñecida como allemanista, para provocar a escisión en 1890 e a fundación do Partido Socialista Revolucionario. Escribiu Mémoires d’un communard (Memorias dun comuneiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado ás Cortes (1884) polo Partido Conservador e senador por Lleida (1898), Alcalde de Madrid (1900); Ministro de Finanzas (1901), de Instrución Pública (1902), de Agricultura (1903) e de Estado (1907). En 1919-1920 formou un goberno de coalición que se adheriu á Sociedade de Nacións, creou o Tercio de Estranxeiros e secundou o bloqueo dos aliados contra a Unión Soviética. Despois do asasinato de Eduardo Dato (1921) formou un novo goberno, pero as derrotas militares de Annual e Monte Arruit fixérono demitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Trasladouse aos dous anos a Santiago, onde residiu ata 1906 cando marchou a Uruguai. Foi presidente do Centro Galego de Montevideo e da Asociación Protectora da Cultura Galega. Colaborou activamente na prensa de Iberoamérica e realizou traballos de creación e estudios sobre arte e poesía. Publicou no 1947 as coleccións de romances Romance del Gaucho Perdido, Romances de Mar y Tierra e Romance de la Soledad, ademais de La pintura de Méndez Magariños, Saudade (Emoción de Galicia), Paisajes de España (1948) e Caminos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación privada, fundada no 1883 por un grupo de literatos e políticos franceses presidido por Paul Cambon, destinada a difundir a lingua e a civilización francesas por todo o mundo. En 1919, fundou en París un centro, École Internationale de langue et de civilisation françaises, destinado ao ensino da lingua francesa aos estranxeiros. A súa presenza espallouse tamén por outros países, sobre todo, en América Latina, SL de Asia, Extremo Oriente, Australia, Europa e países anglófonos de África. En Galicia, posúe sedes en Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo francés. Rector da Universidade de Lión (1944-1960) e membro da comisión nacional francesa da UNESCO. Foi director da Revue de géographie de Lyon e autor de varios ensaios xeográficos como La géographie des foires (A xeografía das feiras, 1923), que trata cuestións de xeografía económica e rexional, Les avalanches (As avalanchas, 1925), centrado no eido da xeomorfoloxía, e do manual Géographie générale (Xeografía xeral, 1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Discípulo de Miguel Anxo e do Bronzino, é autor dos frescos da Capela Gaddi de Santa María Novella en Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Científico, profesor e investigador. Cursou estudios de Ciencias Físicas e de Enxeñería Técnica Forestal. É investigador científico no Instituto Nacional de Investigacións Agrarias, especialista en Fitoclimatoloxía e profesor de Silvicultura na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal. Entre outros cargos, desempeñou o de secretario xeral da Sociedade Española para o estudo dos pastos, secretario da European Grassland Federation, subcoordinador nacional do programa de investigación de pastos e profesor de repoboacións na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal. Recibiu varios premios en recoñecemento do seu labor investigador: a Cruz do Mérito Agrícola, o Premio de Publicacións INIA e o Certificate of Apreciation Foreing Research and Technical Programs dos EE UU. Formulou tres difundidos modelos de análise fitoclimático, considerados referentes indispensables, e un método de diagnose, avaliación e prescrición ecoculturais, ademais do estudo monográfico dunhas oitenta...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de follas acompañado de datos astronómicos, prognósticos meteorolóxicos e datos das festas e feiras e, tamén, a miúdo de traballos de creación en prosa e en verso. Nos antigos almanaques, o comentario do paso das estacións orixinou consellos de agricultura, de medicina caseira, etc; por outra parte, o costume de incluír nel predicións deu lugar á sátira política. Chegou a dar, no s XVIII, por evolución, recompilacións estritamente literarias. A modalidade do almanaque literario xurdiu en Alemaña pola iniciativa de Goethe e Schiller. Coa difusión da imprenta, os almanaques foron calculados por períodos limitados, ata converterse en anuais. O máis coñecido foi o Lunario o repertorio de los tiempos, editado en castelán en 1553. Avanzado o s XIX proliferaron os almanaques literarios. Os actuais conteñen datos sobre os días e meses do ano, celebracións, festividades, sentencias, refráns, datos meteorolóxicos e agrícolas, etc. Popularizáronse coa invención da imprenta e a partir...

    2. almanaque náutico

    3. almanaque aéreo

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación gratuíta en galego aparecida en 1953, destinada aos labregos, con información e publicidade da empresa química Zeltia SA do Porriño. Contiña datos sobre predicións do tempo, fases da lúa, traballos agrícolas, enfermidades de plantas, medidas agrarias, emprego de insecticidas ZZ, e datas e lugares de feiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida no Ferrol en 1905 e fundada por Leandro Saralegui e Medina. Cesou aproximadamente aos dez anos de saír. Colaboraron nela: Santiago da Iglesia, Rodrigo Sanz, Aurelio Ribalta e Andrés Martínez Salazar. No primeiro número, dedicado ao ano 1906, publicáronse artigos sobre a sociedade familiar galega, de Damián Isern, a pesca do congro, de Martínez Salazar, a figura de Vicetto segundo Aurelio Ribalta e outras informacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación cultural nada en 1858 editada por Manuel Soto Freire, continuación do Calendario de Galicia. En 1865 pasará a chamarse Almanaque de la juventud elegante y de buen tono para 1865. Colaboraron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Emilia Calé e Clara Corral, xunto con Xoán Cuveiro, López de la Vega, Moreno Astray, Manuel Murguía, Villamil e Castro e outros. Apareceron publicadas El Cadiceño e Las Literatas de Rosalía, Saudades de X. B. Amado e outras obras onde a muller é a protagonista literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida no Ferrol en 1891 que contiña poemas en castelán e contos populares en galego recollidos por Lisardo R. Barreiro na sección “Doce Contos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación xurdida en Bos Aires no ano 1909, dirixida por Fortunato Cruces, quen introducía varios relatos narrativos. Reproducíase algún poema de Rosalía e un cadro de costumes dialogado de Laureano Guitián Rubinos titulado Unha noite na casa do tío Farruco do Penedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anuario editado a partir do ano 1763 en Gotha (Turinxia) baixo a protección da duquesa de Saxonia-Gotha. Recolle o estado persoal dos membros de todas as casas soberanas de Europa e, máis tarde, do mundo. Posteriormente ampliouse cunha relación dos altos funcionarios político-administrativos dos estados mundiais.

    VER O DETALLE DO TERMO