almanaque
(< ár al-manāj < latmanāchu ‘círculo dos meses’)
-
s
m
Conxunto de follas acompañado de datos astronómicos, prognósticos meteorolóxicos e datos das festas e feiras e, tamén, a miúdo de traballos de creación en prosa e en verso. Nos antigos almanaques, o comentario do paso das estacións orixinou consellos de agricultura, de medicina caseira, etc; por outra parte, o costume de incluír nel predicións deu lugar á sátira política. Chegou a dar, no s XVIII, por evolución, recompilacións estritamente literarias. A modalidade do almanaque literario xurdiu en Alemaña pola iniciativa de Goethe e Schiller. Coa difusión da imprenta, os almanaques foron calculados por períodos limitados, ata converterse en anuais. O máis coñecido foi o Lunario o repertorio de los tiempos, editado en castelán en 1553. Avanzado o s XIX proliferaron os almanaques literarios. Os actuais conteñen datos sobre os días e meses do ano, celebracións, festividades, sentencias, refráns, datos meteorolóxicos e agrícolas, etc. Popularizáronse coa invención da imprenta e a partir de entón ampliaron os seus contidos e mesmo se especializaron en diferentes eidos. En Galicia editáronse a partir de 1850 con formatos semellantes aos dos libros e revistas. Entre os de máis sona están os de Manuel Soto Freire, que apareceron en 1858 e adquiriron un maior desenvolvemento dende 1865, como Las dos Asturias (1866) e Almanaque de Galicia (1867).
Sinónimos: calendario. Confrontacións: axenda. -
[MAR]
almanaque náutico
-
[AERON]
almanaque aéreo