Almanaque de Ferrol
Almanaque de Ferrol
Publicación aparecida no Ferrol en 1905 e fundada por Leandro Saralegui e Medina. Cesou aproximadamente aos dez anos de saír. Colaboraron nela: Santiago da Iglesia, Rodrigo Sanz, Aurelio Ribalta e Andrés Martínez Salazar. No primeiro número, dedicado ao ano 1906, publicáronse artigos sobre a sociedade familiar galega, de Damián Isern, a pesca do congro, de Martínez Salazar, a figura de Vicetto segundo Aurelio Ribalta e outras informacións.