"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroína xudía, personaxe principal do libro bíblico do mesmo nome. Casada co rei persa Axuero, conseguiu salvar a vida do seus correlixionarios e frustrar, así mesmo, os plans de exterminio do gran visir Haman, e fixo variar a vontade real contra os perseguidores dos xudeus. Estes feitos, de escasa verosimilitude histórica, parecen ser a orixe da festa xudea dos Purim. Na iconografía represéntanse escenas da súa historia: cando se engalana para visitar o seu esposo, o triunfo de Mardoqueo e o castigo de Haman, etc. Aparece representada, así, no baptisterio paleocristián de Dura-Europos (s III). As ilustracións posteriores deste tema, ou ben seguen ciclos narrativos -arquivoltas da portalada norte da catedral de Chartres (s XIII), tapices flamengos (ss XV-XVII) e franceses de Gobelins (ss XVII-XVIII)- ou ben representan escenas illadas: Ester diante de Axuero (Tintoretto), A súplica de Ester a Axuero (Rembrandt). O cristianismo ve en Ester unha prefiguración da...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro do Antigo Testamento, escrito probablemente por un xudeu persa cara ao 150 a C. Considérase unha adaptación dun antigo mito babilónico a un episodio da historia do pobo hebreo. O feito de que a obra, na Biblia hebrea, forme parte dos libros sapienciais, indica a finalidade didáctica do autor: ilustrar as ensinanzas dos sabios de Israel sobre o destino final do xusto oprimido e a do orgulloso perseguidor. A versión grega, diferente da hebrea, é obra de Lisímaco, xudeu helenista. Case todas as partes gregas engadidas, deuterocanónicas, están recollidas na Vulgata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos enzimas do grupo das hidrolases que catalizan a hidrólise dun éster en alcohol e ácido. Participan en fases importantes da dixestión e do metabolismo intermediario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de estercar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Excrementos animais mesturados con restos vexetais que se empregan para fertilizar a terra. Na tradición oral recóllense ditos como: “Bota esterco ao pan, que as terras cho pagarán. Con esterco e rega non hai mala terra. O esterco non é santo, pero onde cae fai milagros”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento biliar de cor amarela que se produce como resultado da degradación do grupo hemo da hemoglobina, por oxidación do urobilinóxeno. Fórmase nos intestinos e elimínase cos excrementos. Emprégase para a diagnose de enfermidades hepáticas e intestinais.
-
-
Relativo ou pertencente aos excrementos.
-
Aplícase aos organismos que habitan nos excrementos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás esterculiáceas.
-
Árbore da familia das esterculiáceas.
-
Familia da orde das malvas que comprende árbores de follas alternas e lanceoladas, tronco liso con cortiza de cor canela sobre o que aparecen directamente as flores en acios, de cinco pétalos, de cor vermella e amarela, inodoras, e que son polinizadas principalmente por formigas. Os froitos son cápsulas elípticas, arestadas e indehiscentes. O xénero de maior difusión da familia das esterculiáceas é Theobroma.
-
-
-
-
estereofonía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘sólido’.
-
-
Basamento sen molduras que serve de asentamento a un edificio.
-
Apoio dun muro no que descansa unha columna coa súa base.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Característica dalgunhas reaccións orgánicas que consiste no feito de que só un de cada dous estereoisómeros de partida pode conducir a un dos posibles diastereoisómeros, diferente en cada caso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de gravación e reprodución acústica, mediante dous canais independentes de son, que intenta producir no oínte unha sensación de realidade, comparable á producida pola audición directa dunha orquestra. O son cáptano dous grupos de micrófonos, situados adecuadamente segundo a situación relativa dos instrumentos e asociados a dous amplificadores independentes. Na gravación, o disco é percorrido por unha agulla que se move a consecuencia de dous sinais -un que se grava nas paredes do suco e outro no fondo-, que forman os dous canais. Na gravación de cinta magnética ou de banda óptica cada sinal dos dous canais produce unha pista de intensidade variable. Os sinais obtidos amplifícanse separadamente e son reproducidos por grupos diferentes de altofalantes, desfasados igual ca os sinais captados polos micrófonos. A estereofonía baséase na capacidade do oído humano de distinguir a orixe dos sons, a súa dirección de procedencia e a súa distancia de produción, a causa das diferencias de intensidade...
-
-
Relativo ou pertencente á estereofonía.
-
Conxunto de aparellos empregados para a reprodución estereofónica do son.
-
-
-
Método que permite medir de forma precisa, mediante fotografías estereoscópicas, as particularidades e as dimensións dun obxecto. Emprégase en topografía, arquitectura, diagnose da coxalxia nos neonatos e en recoñecementos traumatolóxicos e estomatolóxicos.
-
Técnica empregada no levantamento de alzados de monumentos mediante a fotografía estereoscópica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade de recoñecer un obxecto cos ollos pechados mediante a palpación e avaliando a forma, o peso, o volume e a consistencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método para representar os sólidos sobre un plano mediante proxeccións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á estereografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto estereoscópico de fotografías ou debuxos, correctamente montados ou orientados para a visión estereoscópica.