"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Martiño de Caraño (Pol). Ten planta rectangular e dúas alturas. Construíuse combinando cachotería e cantería. Na fachada principal destaca o balcón con balaústres de ferro fundido, canzorros de madeira e gárgolas nas esquinas e pináculos nos ángulos. Conserva dous escudos, nos extremos da fachada, coas armas dos Lanzós, Luaces, Montenegro e Neyra. Está amurallada por un lado.
-
PERSOEIRO
Emperador romano-xermánico (1039-1056) e rei de Alemaña (1028) e de Italia (1039). Accedeu ao trono de Alemaña en vida do seu pai Conrado II, a quen sucedeu no trono imperial á súa morte. Loitou contra a alta nobreza e asegurou a soberanía xermánica en Bohemia (1041), Hungría e Polonia (1045). Conservou o poder sobre o N de Italia e, a través do marqués de Toscana, destituíu os papas Gregorio VI, Silvestre III e Bieito IX, que loitaban entre si (1046). Designou os papas Clemente II (1046), Dámaso II (1047), León IX (1049) e Víctor II (1055). Ao final do seu goberno enfrontouse cos normandos no S de Italia e coa sublevación do duque da Alta Lorena (1054), mentres os eslavos e os húngaros emprenderon novas campañas (1049-1052 e 1056). Favoreceu a orde de Cluny.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cita ou texto breve que resume o contido dunha obra literaria, científica ou dun artigo periodístico. Pode aparecer na cabeceira da obra ou ao comezo dos capítulos.
-
Palabra ou frase que serve como encabezamento nunha clasificación ou catalogación.
-
Inscrición gravada ou pintada, realizada sobre algún material duro, normalmente pedra ou metal, para lembrar un personaxe destacado, un suceso, unha efeméride ou tamén unha dedicación ou voto de tipo relixioso ou funerario. Entre os exemplos máis destacados da Antigüidade destacan o código Hammurabi, a pedra Rosetta -que permitiu descifrar a escritura xeroglífica-, e a Res gestae Divi Augusti, testamento político do Emperador Octavio Augusto. Na Península Ibérica destacan os bronces de Botorrita e de Vipasca, e en Galicia, as téseras do Courel e de Castromao.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia auxiliar da historia que estudia as inscricións gravadas e pintadas sobre pedra e outros soportes perdurables, entre outros, o bronce, a madeira, o óso e a cerámica. Os estudios epigráficos permiten obter información sobre a lingua, a sociedade, a política, a economía, a relixión e a literatura das distintas civilizacións e culturas. Aínda que existe unha ciencia epigráfica de cada sociedade antiga ou moderna, o desenvolvemento da mesma produciuse no Renacemento mediante a copia e o debuxo de numerosas inscricións gregas e latinas. En 1603 publicouse a primeira colección de epígrafes latinos e gregos, o Inscriptionum romanarum corpus absolutissimum de I. Gruteus, pero ata 1828 non se publicou a primeira colección sistemática, a Inscriptionum latinarum selectarum aplissima collectio ad illustrandam romanae antiquitatis disciplinam accomodata ac magnarum collectionum supplementa complura em de I. C. Orelli. As grandes compilacións de epígrafes realizáronse...
-
-
Relativo ou pertencente á epigrafía.
-
Aplícase á decoración a base de epígrafes ou inscricións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa versada ou especialista en epigrafía.
-
-
Composición poética breve de ton satírico e contido moral, social ou político. O dístico foi o metro máis utilizado. Calímaco foi o cultivador máis importante da lírica grega e Varrón e Marcial da latina. No Renacemento acadou moita importancia e considerouse o antecedente da sátira conceptista barroca; posteriormente, cultivárono Alfieri, Goethe, Góngora, Quevedo, Verlaine e Voltaire.
-
Expresión breve e enxeñosa de carácter satírico.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao epigrama.
-
Que ten carácter satírico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que compón epigramas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Epigravetense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecnocomplexo do final do Paleolítico Superior da conca mediterránea. Denomínase tamén solutreo-gravetense e caracterízase pola microlitización da ferramenta de dorso de tradición gravetense. Presenta varias fases ou variantes tipolóxicas locais segundo os xacementos, entre os que salientan Badanj e Crvena Stijena en Bosnia, Sandalja II na península de Trieste, Dömös en Hungría e a cova do Parpalló en València. En Galicia correspóndese coas fases finais do Solutrense e do Madalenense Inferior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización eclesial dos EE UU establecida coa primeira colonia inglesa de Jamestown (1607). Forma parte da Comuñón Anglicana ( anglicanismo) e consta de máis de 75 dioceses. Na liturxia oficial segue o Common Prayer Book.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de escribir epístolas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que cultiva a epistolografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas, da familia das poáceas, caracterizadas por presentar inflorescencias en panícula formada por espiguiñas de 4 a 40 flores, estreitamente imbricadas en dúas ringleiras, con glumas máis curtas ca as flores e glumelas inferiores con 3 nervios. En Galicia están presentes as especies E. bahiensis, E. cilianensis, E. lehmanniana, E. minor, E. pilosa e E. spectabilis.
-
PERSOEIRO
Escultor alemán. Representou a transición entre o Gótico e o Renacemento. En 1494 trasladouse a Ausgburgo, onde colaborou en 1502 no retablo de Kaisheim con Holbein o Vello. Atribúeselle a María Madanela, coñecida co nome de La belle allemande (A bela alemana).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afección ou hábito de escribir ou debuxar sobre temas sexuais. Son unha mostra característica os graffiti dos retretes.
-
-
-
Arte e técnica de montar a escena teatral.
-
Conxunto de elementos que forman o decorado dunha obra teatral, cinematográfica ou dun programa de televisión. Concrétase na ideación e na construción do mundo dramático no que se desenvolve a acción e no que os personaxes viven os diversos conflitos que conforman o drama ou a comedia. Inclúe os decorados, os figurinos, o atrezzo, o mobiliario e a luminotecnia. Pódese fixar a súa orixe en Grecia no s V a C. Os decorados de seda representaban palacios ou templos para as traxedias, mentres que os cuartos de dous pisos eran para as comedias. Os decorados romanos primitivos eran de tres clases: tráxicos, cómicos e satíricos, e semellaban templos, palacios, tumbas, rochas e altares. Por outro lado, os populares espectáculos de mimo tiñan lugar sobre pequenos estrados, cunha simple cortina como fondo. A utilización de carretas unidas entre si por pequenas plataformas complicou a decoración teatral, ata chegar ao extremo das complexas imaxinacións dos autos sacramentais do s XVII. No...
-
-
Conxunto de elementos, entre outros, arquitectónicos e paisaxísticos, que se dispoñen nunha obra de arte para producir o efecto dun ambiente determinado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á escenografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Artista encargado do deseño e da construción de escenografías. Tradicionalmente, o escenógrafo ocúpase do deseño do espazo escénico, no que se recrea un mundo dramático concreto, sexa desde o naturalismo, sexa desde a pura abstracción, e do deseño do vestiario e dos diversos obxectos, útiles e materiais que se sitúan en escena, como parte do mundo recreado ou como elementos que manipulan os personaxes. Pintores como Pablo Picasso, Henry Matisse, Max Ernst ou Salvador Dalí, colaboraron con importantes compañías de teatro na realización escenográfica. Os escenógrafos poden adquirir unha formación específica nas Escolas Superiores de Arte Dramática, onde existe a especialidade de escenografía. En Galicia, hai que destacar os traballos pioneiros de Camilo Díaz Baliño, que colaborou con diversas compañías de teatro galego nos anos vinte e foi o escenógrafo oficial da Empresa Fraga durante unha boa parte do primeiro terzo do s XX. Tamén cómpre destacar o pulo desenvolvido no terreo profesional...