Enrique III o Negro
Emperador romano-xermánico (1039-1056) e rei de Alemaña (1028) e de Italia (1039). Accedeu ao trono de Alemaña en vida do seu pai Conrado II, a quen sucedeu no trono imperial á súa morte. Loitou contra a alta nobreza e asegurou a soberanía xermánica en Bohemia (1041), Hungría e Polonia (1045). Conservou o poder sobre o N de Italia e, a través do marqués de Toscana, destituíu os papas Gregorio VI, Silvestre III e Bieito IX, que loitaban entre si (1046). Designou os papas Clemente II (1046), Dámaso II (1047), León IX (1049) e Víctor II (1055). Ao final do seu goberno enfrontouse cos normandos no S de Italia e coa sublevación do duque da Alta Lorena (1054), mentres os eslavos e os húngaros emprenderon novas campañas (1049-1052 e 1056). Favoreceu a orde de Cluny.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso
Lugar : Bodfeld, Harz