"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • GALICIA

    Escritor e político. Coñecido como Vicente Risco, foi un dos principais intelectuais e políticos galeguistas do s XX. Fillo de Antonia Agüero Álvarez e de Antonio Martínez--Risco, avogado e funcionario de Facenda, os seus primeiros anos transcorreron na rúa da Paz, en Ourense, onde tamén viviron R. Otero Pedrayo, a quen coñeceu xa desde neno, e Florentino López-Alonso Cuevillas. Rematou o bacharelato en 1899 no Centro Provincial de Instrución e obtivo a licenciatura en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1906. Posteriormente ingresou na delegación de Facenda da súa cidade natal e comezou a desenvolver o seu traballo artístico e intelectual, tal e como reflicten as súas primeiras colaboracións en El Miño (1910), que asinaba cos pseudónimos de Rujú Sahib e Polichinela, e onde seguía o estilo xornalístico de Eugenio D Ors. A partir de 1911 pasou a colaborar en Mi Tierra, onde escribiu diversos artigos sobre literatura galega. En 1913 marchou excedente a Madrid e alí matriculouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Foi secretario da Fundación Vicente Risco. Colaborador de diversas publicacións periódicas, como Grial, Agália e A Trabe de Ouro, escribiu, en colaboración, A Alta Limia (1993), A Baixa Limia (1996) e Baixo Arnoia (1998). Da súa produción destacan O ensino da historia no bacharelato franquista (período 1936-1951) (1991), Terra de Celanova (1993), Arredor da historia de Galicia: ensaios sobre o seu ensino e o nacionalismo (1997), Muíños: natureza viva. Lobios: natureza e historia (1998) e Memorial Juan Xesta (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, fillo de Vicente Martínez-Risco Agüero. Desenvolveu unha importante actividade como crítico literario e como docente en diversas universidades de Francia, EE UU e Canadá. Dos seus estudios literarios cómpre salientar A figuración literaria (1991) e Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega (1991). No apartado da súa produción literaria, que se caracterizou polo xogo entre fantasía e realidade en relatos cheos de condicionantes teóricos, destacan Memorias dun emigrante (1987, Premio de la Crítica Española), Xogo de gardas e ladróns (1989), O caso (1989), As metamorfoses de Proteo (1989, Premio da Crítica Galicia 1990), Tres situacións elementais (1991), A noite de sábado (1991), Margarida d Ouridac (1993), Hipogrifo (1994) e Os fillos do río (1997), coa que foi finalista do Premio Torrente Ballester. Postumamente publicouse a súa obra O embrión (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Óptico e político, irmán de Sebastián Martínez-Risco Macías e curmán de Vicente Risco. Foi deputado por Ourense nas Cortes por Acción Republicana (1931) e por Izquierda Republicana (1936). Exiliouse en Francia, onde continuou co seu labor científico e docente. Escribiu Estudios generales sobre aberración esférica de orden superior (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, ensaísta e xurista, irmán de Manuel Martínez-Risco Macías e curmán de Vicente Risco. Ingresou na carreira xudicial e exerceu como maxistrado, profesión que abandonou para dedicarse á avogacía. Da súa produción xurídica destacan El Régimen jurídico de la propiedad territorial en Galicia a través de sus instituciones forales (1958) e Las ideas jurídicas del Padre Feijoo (1973). Foi colaborador de diversas publicacións periódicas, como Galicia, Grial e Boletín da Real Academia Galega, en que incluíu artigos sobre os principais escritores galegos, e participou no Galician Programme da BBC. No campo literario, en que se inclúen obras de clara influencia neotrobadoresca e hilozoísta, destacan 14 Nadaliñas 1958-1973, Trébol poético (1943) e Do recuncho amado (1980). Gañou os Xogos Florais de 1945 no apartado de poesía en galego. Foi membro da Real Academia Galega, da que foi elixido presidente (1960), do Instituto de Estudios Ourensáns Padre Feijoo e cofundador da Editorial Galaxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou e exerceu como avogado ata que abandonou o seu traballo pola fotografía. Interesado por todos os movementos de vangarda, foi pioneiro no uso da fotografía como fonte de documentación arquivística. Inventariou todas as fotografías en función da súa temática (escultura, arquitectura, paisaxes ou xentes), constituíndo un retrato iconográfico da Catalunya de comezos do s XX, o chamado Arxiu Mas (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi un dos fundadores da revista de vangarda Hèlix (1929) e de Destino. Coñeceu en París a Breton, e foi un dos introdutores do surrealismo na Península. Publicou Guía de Roma e itinerarios de Italia (1950) e Antología poética de Ausias March (1981). Recibiu o Premio Nacional de Tradución (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín. De nome Leonid F’odorovič Miassin, ingresou no Ballet Ruso de Diaghilev en 1913, onde creou diversas coreografías. Foi máximo responsable escénico do Ballet de Montecarlo (1932-1937) e en 1949 creou a súa propia compañía en EE UU, a Highlights Ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espectáculo que ten lugar pola tarde, especialmente nas primeiras horas, e non pola noite. En ocasións tamén designa as sesións matinais.

    2. Blusa ou vestido longo, xeralmente de tea lixeira, que levaban as mulleres para estar na casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo o pertencente ao matrilinealismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de organización social en que o parentesco e a pertenza   a un grupo son determinantes para un tipo de descendencia que segue a liña materna. Comporta tamén a herdanza dos bens maternos e o feito de que o control e a educación dos fillos corresponden ao irmán da nai e non ao pai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Oceanógrafo estadounidense. Fundador do gabinete hidrográfico de EE UU, elaborou mapas dos ventos e das correntes do Océano Atlántico. Das súas obras destacan The Physical Geography of the Sea (1855) e Letter Concerning Lanes for Steamers Crossing the Atlantic (1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Medellín ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Medellín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Tunisia (8.588 km2; 421.800 h [estim 2000]). A súa capital é Médenine (26.602 h [1984]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Medina ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Medina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Galeguista. En 1922 emigrou a Bos Aires onde foi o secretario da Organización Republicana Nacionalista Autónoma Galega, que se converteu na delegación do Partido Galeguista en Arxentina. Participou na fundación do xornal España Republicana e tivo unha columna chamada Rataplán, onde asinaba co pseudónimo Tatarí. Foi un activo participante das Irmandades Galegas. Participou na creación de Galeuzca, no Congreso da Emigración Galega (Bos Aires, 1956) e foi cofundador e presidente do Patronato da Cultura Galega (1968). Recibiu a Medalla Castelao (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Indoeuropeísta francés. Discípulo de Michel Bréal e Ferdinand de Saussure, escribiu obras sobre o grego e o latín, ademais doutras de divulgación, pero destaca, sobre todo, pola súa contribución ás linguas eslavas e ao armenio. Aplicou amplamente o concepto saussuriano da sincronía (Grammaire de la langue polonaise, 1921) e insistiu no carácter social do feito linguístico. Da súa produción destacan Altarmenisches elementarbuch (1913), Les langues dans l Europe nouvelle (1918) e Le slave commun (1924)..

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador alemán. En 1947 foi nomeado reitor da universidade libre de Berlín-Dahlem. Defendeu un certo neoidealismo, no que se basearon as súas críticas ao pragmatismo político do estado de Bismarck. Considerado como un dos principais representantes do historicismo contemporáneo, das súas obras destacan Weltbürgertum und Nationalstaat (Burguesía mundial e estado nacional, 1908) e Die Idee der Staatsraison in der neueren Geschichte (A idea de razón de estado na historia contemporánea, 1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se dedica á curación de persoas ou animais sen posuír o grao de médico ou veterinario.

    2. Persoa que exerce accións curativas valéndose de prácticas máxicas ou relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO