"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
PERSOEIRO
Profesor de educación física canadense. Foi profesor na YMCA Training School de Springfield, Massachusetts (1891) e buscou unha actividade para desenvolver nun recinto cuberto cando o mal tempo non permitía practicar deporte ao aire libre. Así, colocou unhas canastras que se empregaban para recoller pexegos a 3,05 m altura, onde había que meter un balón, o que deu lugar ao baloncesto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que defendeu Nanak, que intentaba fundir o hinduísmo e o islamismo nunha fe monoteísta superior. Está expresada nos himnos que compoñen o núcleo primitivo do Adi Granth, o libro sagrado dos sikhs.
-
-
Condición do individuo que ten un peso e unha estatura inferior nun 40% á media dos individuos da súa mesma idade.
-
Defecto conxénito do crecemento cuxa causa principal é a falta de produción da hormona do crecemento. OBS: Tamén se denomina ananismo hipofisario.
-
-
-
Amor dirixido cara ao propio eu ou ao ideal do eu. Orixinariamente dáse nas primeiras fases libidinosas, coñecido como narcisismo primario. O narcisismo secundario forma parte das enfermidades psiquiátricas como a esquizofrenia e a paranoia. Un certo grao de narcisismo forma parte necesariamente da personalidade.
-
Satisfacción ou admiración excesiva dun mesmo.
-
-
-
Conxunto de efectos producidos polas substancias narcóticas.
-
Uso inmoderado de narcóticos.
-
Produción da narcose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
innatismo.
-
-
Doutrina filosófica que non admite nada exterior ou superior á natureza como conxunto da realidade existente, e que, consecuentemente, intenta comprender todas as cousas segundo as leis naturais, sen recurso a ningún principio transcendente. Aínda que por definición se opón a todo o que sexa sobrenatural, non quere dicir que se opoña ao espiritual, e neste sentido hai que distinguilo do puro positivismo. Destacou John Dewey.
-
Tendencia artística que representa o realismo máis libre, a nivel de técnica e temática. É contraria ao idealismo e ao simbolismo. Émile Zola empregaba esta denominación para falar do impresionismo.
-
Escola literaria que naceu en Francia ao redor de 1880 e que se manifesta, sobre todo, na novela e no teatro. Despois de 1850 a difusión do positivismo e o entusiasmo polos estudos científicos conduciu os novelistas a utilizar os métodos das ciencias experimentais e aceptar a tese de Taine: o home sométese ao determinismo universal, os sentimentos e os caracteres son rigorosamente predestinados, e unhas leis, especialmente as da herdanza, rexen o contexto literario. A novela non é máis ca unha parte da historia natural e o escritor ten que usar os métodos da nova ciencia: observación e experimentación, tendo como obxectivo a reprodución da realidade cunha obxectividade perfecta en todos os seus aspectos, tanto nos máis sublimes como nos máis vulgares. E. Zola deu as normas da nova escola no Roman expérimental (1880), no Naturalisme au théâtre (1881) e nos Romanciers naturalistes (1881), resumindo as bases teóricas da novela realista no estudo do temperamento e...
-
-
-
Doutrina médica que propugna como elementos terapéuticos as forzas, os procesos e os produtos naturais (auga, sol, aire, herbas, alimentos). A súa orixe está nas técnicas dos antigos herboristas e nas prácticas da medicina popular. En Europa constátase o desenvolvemento de técnicas terapéuticas directamente vinculadas aos elementos naturais, como a talasoterapia, a hidroterapia e a fitoterapia, e a determinados modelos de comportamento vital, como o vexetarianismo ou o nudismo.
-
Doutrina que defende a volta á natureza na maneira de vivir.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
escola nazarena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
nacionalsocialismo.
-
-
Actitude negativa ou de rexeitamento.
-
Comportamento patolóxico típico dalgunhas formas de esquizofrenia catatónica, caracterizado por unhas actitudes contrarias ás que se podía esperar dos estímulos presentados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema económico capitalista tal e como se caracteriza a partir da década de 1950. As súas características máis importantes son un avance tecnolóxico ininterrompido, en boa parte consecuencia da carreira armamentística; e unhas relacións de explotación cos países do Terceiro Mundo, por causa do crecemento da produción e a necesidade de mercados. O crecemento dos gastos en armamento emprendeuse como medida con efectos anticíclicos e amortecedores da violencia das crises, mais tamén orixinou, en boa parte, unha tendencia á inflación permanente. A crise que estourou no sistema capitalista a partir de 1973, resultado das contradicións que xeraron os mecanismos anteriores, puxo fin a esta fase expansiva do capitalismo.
-
-
Movemento estético de base intelectual orixinado polo desgaste das fórmulas do Barroco final, ou o esgotamento da súa capacidade creadora na segunda metade do s XVIII. Influíron na súa aparición as descubertas arqueolóxicas en Pompeia e Herculano, as aplicacións das doutrinas académicas e a difusión de novas tendencias políticas opostas ao principio monárquico tradicional. Foi un movemento de curta duración que se estendeu por toda Europa e chegou a América. Teóricos como J. J. Winckelmann e A. C. Quatremère de Quincy, pintores como A. R. Mengs e J.-L. David, escultores como A. Canova e B. Thorvaldsen, e arquitectos como Ch. Percier, P.-F.-L. Fontaine e K. F. Schinkel, activos nos derradeiros anos do s XVIII e o primeiro cuarto do s XIX, son os representantes máis destacados desta tendencia. As súas obras amosan o predominio das formas e os temas derivados do clasicismo helénico e a preferencia pola liña e o debuxo sobre a cor. Na Península Ibérica sobresaíron o arquitecto Juan de Villanueva...
-
Corrente arquitectónica do s XX representada no comezo por P. Behrens, A. Loos e L. Mies van der Rohe, formados aínda na normativa neoclásica que utilizaron nas súas primeiras obras. Despois abandonaron o repertorio formal clásico, pero continuaron coa mesma orde e disciplina compositivas. Philip Johnson, desde 1949, e Louis Kahn favoreceron o uso de elementos neoclasicistas na arquitectura estadounidense.
-
Movemento musical desenvolvido entre 1918 e 1939. Consistiu nun retorno á denominada música barroca e clásica, e unha reacción ao subxectivismo posromántico. Destacan a volta de formas como a suite, o concerto grosso, a tocata e o ricercare. Os músicos máis notables adscritos a este movemento nalgunha etapa da súa creación son B. Bartok, M. Ravel, A. Honegger e I. F. Stravinskij.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica imperialista dos países industrializados sobre as antigas colonias e os países subdesenvolvidos en xeral. A partir da descolonización formal, as potencias mundiais conservaron a súa preeminencia política, económica e cultural e seguiron un proceso de recolonización e de intervención nos países subdesenvolvidos, aproveitando o desequilibrio económico. As grandes compañías monopolistas, os programas de axuda e os organismos internacionais están sendo os instrumentos clásicos do neocolonialismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
neokantismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento iniciado en EE UU en 1955 por artistas que participaban da actitude fronte á arte de M. Duchamp. Baseáronse no illamento do obxecto fóra do seu contexto habitual, e con R. Rauschenberg e J. Johns, incorporaron, mediante a colaxe fotográfica, elementos da realidade como o fixeran K. Schwitters e Hausmann. OBS: Tamén se denomina New Dada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría evolutiva que nega a herdanza dos caracteres adquiridos baixo a acción do medio e defende o poder absoluto da selección natural. Actualmente combínase coa xenética mendeliana e a xenética de poboacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Endemismo en que a área de distribución é reducida, xa que a especie é de formación recente e aínda non tivo bastante tempo para expandirse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento ideolóxico e político baseado nos principios do fascismo. O núcleo inicial e máis importante radica en Italia, co Movimento Sociale Italiano (MSI), que, xunto co neonazismo, foi o inspirador de pequenos grupos de extrema dereita do mundo occidental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento pitórico, tamén coñecido como nova figuración, que reacciona contra a estética institucionalizada do informalismo e propón un regreso á figuración. Conserva unha boa parte de pegadas informalistas e da pintura de acción e, liberado do peso da tradición académica representativa, lánzase á dura crítica do seu contexto opresor. O seu representante máis significativo foi o irlandés F. Bacon e, en España, A. Saura.