"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

  • Operación de refinado de petróleo para a obtención de gasolinas de elevada octanaxe, a partir de naftas ou gasolinas de baixa calidade, e tamén para a obtención de aromáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa estadounidense. O falecemento do seu pai en 1940 constituíu un trauma que non conseguiu superar e que rematou co seu suicidio. Considerada unha defensora da rebeldía feminina e inconformista, na súa obra preocupouse pola alienación do individuo, a morte e a autodestrución. Autora de The Colossus (1960), o único libro que publicou en vida, e da novela autobiográfica The Bell Jar (1963), a “poesía confesional” que aparece en Ariel (1965), corresponde coa súa contribución poética máis destacada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘amplo, ancho’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía conxénita da rexión occipitocervical con repercusión neurolóxica, caracterizada por unha invaxinación do occipicio e da raque cervical superior na fosa posterior do cranio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deformidade caracterizada por unha cabeza ancha e unha bóveda cranial achatada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen presenta platicefalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes óseos, da familia dos pleuronéctidos, ao que pertence a solla común.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos platicnemídidos.

    2. Insecto da familia dos platicnemídidos.

    3. Familia de insectos cigópteros, da orde dos odonatos, dos que o xénero máis coñecido é Platycnemis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á curva representativa dunha distribución estatística que é máis achatada ca a curva da distribución normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten follas planas e longas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos platihelmintos.

    2. Metazoo do filo dos platihelmintos.

    3. Filo de animais metazoos triploblásticos que teñen o corpo alongado e achatado dorsiventralmente. Presentan simetría bilateral e non son segmentados, e divídense en turbelarios, trematodos, cestodos e monoxéneos. Poden vivir no mar, en augas doces e na terra húmida; neste último caso a súa superficie ventral está recuberta de cilios vibratorios. Tamén poden moverse por medio das secrecións mucosas, e certas especies teñen glándulas cutáneas produtoras que crean unha especie de fíos que lles facilitan o desprazamento en sentido vertical. Outros, pola contra, son parasitos e poden ter un, dous ou tres anfitrións sucesivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza plana e lisa, que eventualmente forma parte de diversas máquinas ou instrumentos.

      1. Receptáculo dos magnetófonos onde vai o casete.

      2. Conxunto de elementos de lectura de discos formado por un chasis, un prato co sistema de accionamento, un brazo e unha cabeza de lectura.

      1. Parte do microscopio onde se coloca o portaobxectos.

      2. platina de Fodorov/universal

        Platina especial, adaptable á platina dos microscopios grandes polarizadores, de maneira que os diferentes movementos de ambas as dúas platinas se poidan efectuar arredor de cinco eixes; desta forma permite orientar en posicións especiais unha sección do mineral tallada nunha dirección calquera, e por combinación dos movementos de xiro é posible determinar en tal sección a súa orientación óptica, a natureza do elipsoide que lle corresponde ao mineral (de tres eixes ou de rotación) e a clase do cristal (biaxial, uniaxial ou isótropo).

    2. Disco de vidro ou de metal, perfectamente plano e liso, que na máquina pneumática se axusta coa campá.

    3. Láminas ou placas metálicas que soportan os eixes do mecanismo dun reloxo. A platina sobre a que se fixa a esfera denomínase platina da esfera.

    4. Táboa encima da que traballa unha máquina mecánica, xeralmente provista de ocos para os porlóns de suxeición das pezas que se queren mecanizar.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bartolomeo Sacchi di Piadena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de platinar.

    2. Que ten o aspecto ou a cor do platino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cubrir algo cunha capa de platino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especie aniónica que contén platino como átomo central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista francés. Co Nancy (1972-1979) conquistou a Copa de Francia (1978) e co Saint-Etienne (1979-1981) gañou a liga francesa (1981). Na Juventus de Turín (1982-1987) conseguiu a Recopa de Europa (1984), a Copa de Europa (1985) e a Copa Intercontinental (1985). Participou nos Xogos Olímpicos de Montreal (1976) e nos campionatos mundiais de Arxentina 1978 e España 1982, e gañou a Eurocopa de Francia 1984. Foi Balón de Ouro (1983, 1984 e 1985) e seleccionador francés (1988-1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao platino.

      2. platinífero.

    1. Áplícase á forma, xa en desuso, que se emprega para indicar que o platino actúa nun composto con valencia IV.

    2. Nome non sistemático que se lle dá ao dióxido de platino hidratado, de cor amarela ou castaña, que se obtén por tratamento do ácido hexacloroplatínico (IV) co carbonato sódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva ou contén platino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada que se emprega en química para indicar a presenza de platino nun composto.

    VER O DETALLE DO TERMO