"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Acción e efecto de apousentar ou apousentarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuarto dunha casa destinado para durmir.

    2. Cuartos dunha casa destinados a ser ocupados por hóspedes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación que se adoita colocar enriba do pentagrama e que avisa da conveniencia de realizar unha interpretación apaixonada dun fragmento dunha obra musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Wisconsin, EE UU, á beira do río Fox (56.377 h [1980]). Dedicada principalmente á industria papeleira, é sede do Institute of Paper Chemistry.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das capas da ionosfera, coñecida tamén como rexión F, que funciona como reflectora nas telecomunicacións a longa distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico inglés. Estudiou no Saint John’s College de Cambridge e traballou, como axudante de Ernest Rutherford, no laboratorio Cavendish. Interesouse pola propagación das ondas electromagnéticas, que máis tarde aplicou ao desenvolvemento do radar. A partir dos estudios sobre a ionosfera e a reflexión nela das ondas de radio definiu unha nova capa atmosférica á que se lle deu o seu nome. Recibiu o Premio Nobel de Física no 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apraxia polo acto de comer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aprazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de apresar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recubrimento que se aplica á superficie das peles curtidas para darlles as propiedades desexadas de aspecto e tacto, ou para protexelas dos axentes externos, tales como a auga ou o rozamento. Os aprestos máis frecuentes están preparados con proteínas, goma, laca, nitrocelulosa, resinas acrílicas e ceras. A súa aplicación faise con aerógrafo, pero tamén se utilizan felpas, cepillos accionados a man ou mecanicamente e outros dispositivos.

    2. Tratamento que recibe o papel no mesmo proceso de fabricación para modificar a súa superficie reducindo a súa porosidade e mellorando a súa aparencia, unha vez saído dos secadores.

      1. Cada un dos procesos, de acción eminentemente química, a que son sometidos os produtos téxtiles (fíos, tecidos, etc) para facilitar a súa posterior elaboración, ou para darlle o aspecto, tacto ou outras propiedades que faciliten a súa venda ou o uso final. O tipo e a forma de aplicación dos aprestos varían segundo a clase de fibra, o seu estado (fíos en forma de urdime, madeixa ou bobina, tecidos, etc) e o efecto que se queira obter (carga, rozamento, suavidade, impermeabilización, etc). Os aprestos poden consistir na simple adición de substancias químicas ou nunha modificación química do material téxtil. Os efectos obtidos poden ser permanentes ou non. As substancias máis importantes que se aplican son: a) féculas, dextrinas, colas e mucílagos, para dar rixidez; b) aceites e ceras para dar suavidade; c) sulfato de bario, caolín ou talco, para darlle textura ao tecido; d) substancias higroscópicas, como o glicerol que aumentan a humidade e, polo tanto, o peso do tecido; e e) funxicidas...

      2. Composto dunha ou máis substancias, empregado para dar apresto a peles, tecidos, papeis, etc.

      3. apresto antiencollemento

        Tratamento ao que son sometidos algúns tecidos para darlles a propiedade de non encoller, consistente en anular e reducir o seu encollemento en contacto coa auga.

      4. apresto antiengurramento

        Tratamento ao que son sometidos os tecidos, xeralmente de tipo celulósico e a la, para facelos inengurrables.

      5. apresto antiescorregante TÉXT

        Tratamento ao que son sometidos algúns tecidos para evitar que os fíos esvaren uns sobre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de apresurar ou apresurarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor xenovés. Traballou con Giovanni Aprili e Pier Angelo della Francesca nas obras de restauración do Convento de San Lourenzo de Trasouto en Santiago de Compostela, promovidas pola duquesa de Medina de las Torres a finais do s XIX. Realizou o retablo maior do convento en mármore de Carrara, así como as estatuas orantes dos marqueses de Ayamonte: Francisco de Zúñiga Guzmán e Leonor Manrique Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aprisionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que expresa ou implica aprobación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aprontar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero teatral de carácter satírico e localista, moi habitual no s XIX. Aínda que se representaba durante todo o ano acabou identificándose, probablemente polo seu carácter paródico, co Entroido. En Galicia, cidades como A Coruña e Ferrol mantiveron a tradición de poñer en escena estas pezas ata ben entrado o s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aproveitar ou aproveitarse.

    2. Dereito a usar ou consumir unha parte ou a totalidade dunhas augas públicas ou privadas que corren ou están estancadas. Especialmente, o dereito a apropiarse dunhas augas públicas para uso privado.

    3. Dereito a gozar dos produtos dun bosque ou dos pastos dun prado propiedade doutra persoa, ben por medio dun contrato ou ben pola condición de veciño dunha determinada vila.

    4. Cesión obrigatoria e gratuíta que deben realizar os propietarios de terreos urbanizables, calculada en relación ao aproveitamento xeral do sector onde se atopa o terreo.

    5. Beneficio que lles permite aos membros dunha determinada comunidade local aproveitarse dos bosques, prados ou terras de cultivo que son patrimonio da comunidade, cualificadas como bens comunais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aprovisionar ou aprovisionarse.

    2. Conxunto de provisións acumuladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto da subclase dos apterigotos.

    2. Subclase de insectos integrada por individuos ápteros, ametábolos e provistos de apéndices abdominais; a súa apteria é primaria. Engloba as ordes dos tisanuros, dos dipluros, dos proturos e dos colémbolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é apropiado, por disposición natural ou adquirida, para facer algo.

    2. Que é axeitado ás necesidades de algo ou alguén.

    3. Que superou satisfactoriamente unha proba ou exame.

    VER O DETALLE DO TERMO