"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Xenetista ucraíno. Foi profesor na Universidade de Kiev, onde realizou os seus estudios, e na de Leningrado. Fixo estudios sobre a herdanza e a evolución cultural. Escribiu, entre outras obras, Genetics and the Origin of Species (A xenética e a orixe das especies, 1937), Evolution, Genetics and Man (A evolución, a xenética e o home, 1956), Heredity and the Nature of Man (A herdanza e a natureza do home, 1964) e Genetics of the Evolutionary Process (Xenética do proceso evolucionario, 1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Christian-Emil-Maries Küpper.
-
PERSOEIRO
Xeólogo e mineraloxista. Estudiou a rexión volcánica de Sicilia, Calabria e os Alpes en 1790, lugar no que descubriu a dolomía, que leva o seu nome. A súa obra máis destacada é Sur la philosophie mineralogique (Introdución á filosofía mineralóxica, 1801).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Ourense a partir de 1893. Dirixiuno o seu fundador Xosé Guntín González.
-
PERSOEIRO
Escultor austríaco. Entre as súas obras destacan a decoración da escalinata do castelo de Mirabell (Salzburgo, 1725), o grupo San Martín e o pobre (Bratislava, 1735?), a Apoteose de Carlos VI (Viena, 1734) e as figuras da fonte do Mehlmarkt (Viena, 1737-1739). Coa súa obra, a escultura retornou ás formas clásicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego Dορό ϴ ευς (para o masculino) e Dορό ϴ εα (para o feminino) -formas compostas de δ ῶ ρον ‘don, ofrenda’ + ϴ εός ‘deus’-, latinizados en Dorótheus e Dorothea, co significado ‘don de Deus’, igual que Dositeo e Teodosio. Presenta os hipocorísticos Dora e Tea. Hai varios santos mártires con este nome, pero a de maior tradición é santa Dorotea (ss III-IV), virxe mártir turca, que se celebra o 6 de febreiro.
-
PERSOEIRO
Pintor romano. Nerón encargoulle unha copia da Afrodita Anadiomena de Apeles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeiro heresiarca xudeu. Fundador dunha seita de estrita observancia mosaica, anunciouse como o Mesías prometido e tivo seguidores ata o s IV.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego Dοσί ϴ εος (δόσις ‘don, dávida’ + ϴ εός ‘deus’), latinizado en Dositheus ‘don de Deus’. San Dositeo (s VI), monxe asceta en Gaza, celébrase o 29 de febreiro. Tamén levou este nome o primeiro heresiarca do pobo xudeu.
-
GALICIA
Pintor e enxeñeiro. Realizou estudios de enxeñería técnica mecánica. No eido da pintura foi discípulo de Maximiliano Vidales Espinosa e Arturo Fernández Cersa. Estudiou na Escola de Traballo de Vigo (1939-1941) onde aprendeu as técnicas da augada e do lavado. En 1975 asistiu a clases de debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios da Coruña baixo a dirección de Francisco Creo, Mariano García Patiño e Xosé Luís Rodríguez Sánchez. Traballou o óleo e a acuarela e cultivou a paisaxe. Realizou unha exposición na Alianza Francesa da Coruña (1978) e participou nunha colectiva celebrada no concello da Coruña (1984) e na sala municipal do 11º Arrondisement en París (1986). Acadou o primeiro premio do Concurso Infantil de Debuxo e Pintura da Sociedad de Amigos del Arte de Vigo (1930-1931). Foi presidente do consello de administración de ALUFLET, conselleiro delegado de Ponte Naya, vicepresidente do Banco del Noroeste, cónsul honorario de Francia na Coruña e decano do corpo consular da Coruña. Foi...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Representante do naturalismo norteamericano, a súa primeira novela Sister Carrie (Irmá Carrie, 1900) causou un grande escándalo pola súa crueza. Co personaxe de Frank Cowperword emprendeu unha ambiciosa pintura do capitalismo norteamericano ao longo de diversas novelas. Da súa produción destacan The Genius (O xenio, 1915) e An America Tragedy (A traxedia de América, 1935). En 1982 a Universidade de Pennsilvania publicou os seus American Diaries (Diarios americanos).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director cinematográfico. Dun estilo lento e reflexivo, a procura da abstracción dos seus filmes é sobre todo reflexo da alma e da condición humana. Entre as súas películas destacan Blade af Satanas bog (Follas do libro de Satanás, 1919); La passion de Jeanne d’Arc (A paixón de Xoana de Arco, 1926-1927); Vampyr (Vampiro, 1932); Dies Irae (Día de ira, 1943); Ordet (A palabra, 1954), premio do Festival de Venecia; e Gertrud (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor francés. Formouse na École de Beaux-Arts e despois foi discípulo de Rodin. Estudiou a obra dos mestres florentinos e, en especial, a de Donatello. Traballou en Hispanoamérica onde realizou, entre outras obras, La primavera (Bos Aires).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á familia das droseráceas.
-
Planta da familia das droseráceas.
-
Familia de herbáceas, da orde das nepentais, que presenta adaptacións foliares para a captura de insectos. Estas plantas, aínda que teñen capacidade fotosintetizadora, precisan dos corpos de animais, as máis das veces artrópodos, para obter nitróxeno e fósforo, feito que supón unha adaptación á vida en medios húmidos, como turbeiras, onde estes elementos son de difícil obtención para as plantas. Moitas delas teñen as follas alternas, dispostas nunha roseta basal, con glándulas que segregan substancias que permiten a dixestión das presas. Poden presentar estruturas nas que os animais quedan prendidos ao se pechar as follas sobre as que se pousan, ou mesmo quedan inmobilizados por substancias pegañentas. As flores, pentámeras e de pétalos libres, dispóñense en inflorescencias en cima e dan lugar a froitos en cápsula. A familia engloba unhas 100 especies, case todas do xénero Drosera, pero tamén hai dos xéneros Aldrovanda, planta acuática de follas verticiladas, Dionaea...
-
-
PERSOEIRO
Botánico alemán. Pioneiro na descrición das formacións vexetais e da bioxeografía. Publicou, entre outros traballos, Handbuch der Pflanzengeographie (1890) e Oekologie der Pflanzen (1913). En 1910 comezou a colaborar con Heinrich Gustav Adolf Engler na obra Die Vegetation der Erde. Foi profesor de botánica e director do xardín botánico da Universidade de Dresden.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten caracteísticas semellantes a unha drupa, como os froitos do teixo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Drupa pequena propia dun froito policárpico, como é a mora ou a framboesa.
-
PERSOEIRO
Político. Cofundador e máximo dirixente do Partido de la Democracia Cristiana (1960), exiliouse en Venezuela trala vitoria electoral do coronel Morales. Regresou a El Salvador despois do golpe de estado de 1979 e formou parte da xunta do goberno cívico-militar desde 1980 que presidiu ata 1982. Foi presidente do país (1984-1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Profesor das universidades de Lyon (1944), Besançon (1950) e Aix-en-Provence (1951) e do Collège de France (1970-1992). Medievalista, especializouse en temas de historia agraria e artística-cultural, sempre enfocados dende un ángulo sociolóxico. Cómpre destacar as súas obras L’économie rurale et la vie des campagnes dans l’Occident médiéval (A economía rural e a vida no campo no Occidente medieval, 1962), L’Europe au Moyen Âge (Europa na Idade Media, 1979) e Les Dames du Douzième siècle (As mulleres do s XII, 1996). Dirixiu Historie de la France (Historia de Francia, 1970-1972), Histoire de la France rurale (Historia da Francia rural, 1975-1976) e Histoire de la vie privée (Historia da vida privada, 1985). Ademais publicou unha reflexión sobre a súa carreira de historiador en L’histoire continue (A historia continúa, 1991). Foi membro da Académie Française (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na Accademia di Brera e en París (1906-1907), onde coñeceu a Severini. Evolucionou dende o naturalismo, pero en 1910 interesouse polo futurismo e fundou o grupo Nuove Tendenze (1912). Con Un caduto (Un caído, 1918) retornou á realidade obxectiva. Participou no grupo Novecento pero rexeitou o carácter fascista de M. Sarfatti. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Rotare Italiano (1928) e o premio de pintura da Accademia d’Italia en Roma (1938).
VER O DETALLE DO TERMO