Dudreville, Leonardo
Dudreville, Leonardo
Pintor. Formouse na Accademia di Brera e en París (1906-1907), onde coñeceu a Severini. Evolucionou dende o naturalismo, pero en 1910 interesouse polo futurismo e fundou o grupo Nuove Tendenze (1912). Con Un caduto (Un caído, 1918) retornou á realidade obxectiva. Participou no grupo Novecento pero rexeitou o carácter fascista de M. Sarfatti. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Rotare Italiano (1928) e o premio de pintura da Accademia d’Italia en Roma (1938).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Venecia -
Deceso
Lugar : Griffa, Novara