"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Combate entre a escuadra española, dirixida por Antonio de Oquendo, e a holandesa de Tromp, na costa do condado de Kent, o 21 de outubro de 1639. A derrota española supuxo o peche das comunicacións marítimas cos Países Baixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combates entre as tropas española e holandesa en 1600, e española e anglofrancesa en 1658, coa derrota dos españois en ambos casos. No primeiro, Mauricio de Nassau venceu o arquiduque Alberto; no segundo, Turena venceu en Dunkerque a Xoán de Austria e a Condé, e invadiu os Países Baixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián e anatomista francés. Con Théophile-René-Marie-Hyacinthe Laënnec e Gaspard Laurent Bayle deulles grande importancia aos estudios de anatomía patolóxica, base dos seus progresos cirúrxicos. Describiu a retracción da aponeurose palmar, coñecida como enfermidade de Dupuytren, e unha variedade de fractura de peroné.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Co grupo de Teatro Minerva participou en espectáculos a partir de obras de Eugène Ionesco, Jean-Baptiste Poquelin Molière ou Federico García Lorca. Participou tamén co grupo Teatro Galileo en diferentes espectáculos, como O xardín dos contos (1993); Trasnos (1995), baseado en textos de Rafael Dieste; Nenerías (1996); ou Descubrir a lectura (1994). Para televisión destacou o seu papel protagonista en A familia Pita e Galicia Exprés. No terreo do cine participou nas longametraxes Nena (1998), de Xavier Bermúdez; Sei quén es (2000), de Patricia Ferreira; ou O lapis do carpinteiro (2001), de Antón Reixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, liturxista e canonista. Coñecido como Gulielmus Durandus ou Durantis, en 1285 foi nomeado bispo de Mende. Destacan as súas obras Speculum iudiciale e Rationale divinorum officiorum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico canadense. Entre todas as películas que realizou cómpre salientar Robin Hood (1922), The Iron Mask (A máscara de ferro, 1929) e The Sands of Iwo Jima (As areas de Iwo Jima, 1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou na University of Buffalo (1948-1953) e na New School for Social Research (1957). Continuou a súa formación en Ciudad de México con John Golding. Foi profesor na School of Visual Arts de Nova York (1957) e no Institute of Humanistic Studies de Aspen (1965). Dende 1963 realizou composicións sobre acrílico, inspiradas nos carteis publicitarios e nos letreiros da rúa que representan o estilo de vida norteamericano, encadradas na pop art.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción militar da Guerra Civil que tivo lugar entre xullo e novembro de 1938. Foi planeada co obxectivo de dificultar as comunicacións do exército franquista na fronte mediterránea e restablecer a conexión entre Catalunya e o resto da España republicana. O Estado Mayor Central republicano confioulle a operación ao denominado Exército do Ebro que iniciou a ofensiva o 25 de xullo e estaba ás ordes de Juan Modesto e composto por tres corpos mandados por Enrique Líster, Manuel Tagüeña e Etelvino Vega. O exército pasou o río en barcas por diversos puntos entre Mequinenza e Amposta. Á marxe dereita do río estaba o exército marroquí, dirixido polo xeneral Yagüe, que se viu sorprendido inicialmente pola rapidez da ofensiva. Pola zona norte, entre as localidades de Mequinenza e Fayón, a 42 División estableceu unha cabeza de ponte que se mantivo ata o día 7 de agosto. Na fronte sur, o avance republicano viuse freado rapidamente polos exércitos franquistas. No sector central, entre Riba-roja d’Ebre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada na Coruña a partir de 1958 co subtítulo “Congregación de Hijas de María del Colegio de Siervas de S. José. Boletín de información”. Desapareceu probablemente en 1964. De tendencia católico-conservadora, pretendía ofrecer consellos ás súas lectoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento entre os benimeríns, dirixidos polo sultán Abū Yūsuf Ya’qūb ibn’Abd al-Haqq, e as tropas castelás dirixidas por Nuño de Lara, que se produciu preto de Écija no 1275 e que supuxo a derrota do exército castelán. As presións de Castela sobre o reino nazarí de Granada motivaron unha petición de axuda do monarca nazarí Mu Palatino; ḥ ammad II aos benimeríns, que dominaban o N de África dende o 1269, e que emprenderon unha campaña contra os reinos cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe que apareceu no concello de Villalba en 1908. Fundada e dirixida por Manuel Mato Vizoso, cesou a súa edición en 1915. Inicialmente tivo unha periodicidade mensual, despois foi quincenal. Entre os seus colaboradores figuran Antonio García Hermida e A. Noriega Varela. Nas súas páxinas defínese como un defensor de Villalba e da súa comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Otero García.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. En 1947 ingresou na Compañía de Xesús e no segundo ano do noviciado trasladouse a El Salvador. Estudiou humanidades na Universidad Católica de Quito (Ecuador), na que se licenciou en Filosofía (1955). Entre 1958 e 1962 estudiou teoloxía en Innsbruck (Austria) con Karl Rahner. Doutorouse en Filosofía na Universidad Complutense de Madrid (1965). En 1967 comezou a súa actividade docente na Universidad Centroamericana (UCA) de San Salvador, da que foi director do departamento de filosofía (1972) e reitor dende 1979. Representante destacado da Teoloxía da Liberación, involucrouse na política interna do país, sumido nunha guerra civil: denunciou os abusos da oligarquía opresora e explotadora e dunha clase política servil, pero tamén denunciou os métodos da guerrilla, á que acusaba de non representar o pobo salvadoreño, como proclamaban os seus dirixentes, e defender unicamente intereses partidistas. Dende o reitorado pretendeu converter a UCA nun instrumento de liberación popular comprometido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi ministro de Exteriores no goberno de Batlle e presidente do Senado. Elixido presidente da República en 1873, depúxoo un golpe de estado en xaneiro de 1875. Reelixido en 1892, renunciou inmediatamente ao cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla acaecida o 16 de xaneiro de 1809 durante a ocupación francesa da Coruña, que enfrontou a ingleses e franceses, situados no monte Mero e no Peñasquedo, respectivamente. A superioridade numérica destes últimos e o falecemento dos xenerais británicos Braid e Moore, outorgoulles a vitoria aos invasores e a rendición da cidade o 19 de xaneiro de 1809.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen embarulla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de embarullar ou embarullarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. enlear.

    2. Deixar a alguén confuso e sen saber qué dicir nin cómo actuar.

    3. Quedar unha persoa ofuscada sen saber qué dicir ou qué facer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao cigarro provisto de boquilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tirarse unha persoa ou un animal ao chan dando voltas e refregándose contra el.

    VER O DETALLE DO TERMO