Eco de Villalba, El

Eco de Villalba, El

Publicación bilingüe que apareceu no concello de Villalba en 1908. Fundada e dirixida por Manuel Mato Vizoso, cesou a súa edición en 1915. Inicialmente tivo unha periodicidade mensual, despois foi quincenal. Entre os seus colaboradores figuran Antonio García Hermida e A. Noriega Varela. Nas súas páxinas defínese como un defensor de Villalba e da súa comarca.