"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade municipal situado en Lalín. Dedicado ao sacerdote e astrónomo Ramón María Aller Ulloa, os seus fondos están formados polo conxunto dos seus documentos, fotografías, instrumentos e libros. Acolle tamén unha colección de obras de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro. Organiza a Bienal Laxeiro, exposicións temporais e outras actividades.
-
PERSOEIRO
Escritor. Influído pola obra de Pablo Neruda, Octavio Paz e Walt Whitman, e relacionado co movemento poético da revista Mito, o seu estilo caracterizouse polo uso dun discurso cheo de imaxes propias doutro mundo, moi suxestivas. Iniciou a súa produción coa escolma poética La balanza (1947), á que seguiron Los elementos del desastre (1953), en que aparece o seu célebre personaxe Maqroll el Gaviero. Posteriormente escribiu Los trabajos perdidos (1960) e Summa de Maqroll el Gaviero (1973), onde se recollen todos os seus poemas entre 1948 e 1970. É tamén autor de diversas obras en prosa, como Diario de Lecumberri (1960), Caravansary (1982), La nieve del almirante (1986, Premio Médicis) e Tríptico de mar y tierra (1993). Galardoado coa Gran Cruz de Alfonso X el Sabio, recibiu o Premio Nacional de Poesía de Colombia (1983), o Premio Príncipe de Asturias (1997), o Premio Neustadt (2001) e o Premio Cervantes (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
nocello.
-
MONTES
Monte situado na parroquia da Xesta (Lalín). O seu cumio acada os 642 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Castro de Laza (Laza). O seu cumio acada os 854 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Molusco lamelibranquio que mantén unidas as dúas valvas grazas a unha cartilaxe situada no medio das mesmas. Estas valvas poden ser de ata 8 cm de lonxitude, iguais entre si, e posúe un dente cardinal na valva esquerda e dous na dereita. Atópase na zona infralitoral, entre a area.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Penarrubia (Baralla). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Vilanova (Lalín) e Sanguiñedo (Dozón). O seu cumio acada os 687 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribeira de Piquín baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado nos montes de Toledo e regado polo río Pusa, afluente do Tajo (2.721 h [2001]). É unha zona de bosques con aciñeiras, sobreiras e matas. A agricultura e a gandaría son recursos económicos básicos. A industria maioritaria deriva do sector primario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore dioica, de ata 20 m de altura, que presenta as follas alternas, deltoides, co pecíolo longo, as flores en amentos colgantes e os froitos en acios péndulos con cápsula dehiscente. É orixinario do N de África, Europa e centro e L de Asia. En Galicia atópase en zonas cálidas, á beira dos ríos ou en parques e xardíns.
-
CIDADES
Cidade do estado de Andhra Pradesh, India (316.445 h [1991]). Está situada na beira N do río Penneru, a 27 km da baía de Bengala e a 75 km ao N de Madras.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Alemparte (Lalín). O seu cumio acada os 642 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociolingüista. Profesor de socioloxía na Universitat de Valéncia desde 1971 e na Universitat d’Alacant (1991-1995), foi colaborador de Serra d’Or, Gorg, Cuadernos para el Diálogo ou El País. Autor de numerosos ensaios, destacan Conflite lingüístic valencià (1969), Idioma i prejudici (1971), que analizan a situación sociolingüística valenciana, Idioma i poder social (1972), Estrutura social i política lingüística (1975), Cuatro idiomas para un Estado (El castellano y los conflitos lingüísticos en la España periférica) (1977), Madre España (1979), ou Sociologia de la ciutat de València (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Avultamento que forman a tibia e o peroné na zona de unión da perna co pé, formado polos dous maléolos.
-
Avultamento ou prominencia da articulación do pulso.
-
Rexión onde se articula a perna co pé ou o antebrazo coa man.
-
cotelo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
nocello.
-
GALICIA
Escultor. Os seus referentes plásticos iniciais foron Henry Moore, Brâncuşi e posteriormente Julio González. Interesouse pola técnica da soldadura na escultura en ferro para trasladala á madeira, mediante a ensamblaxe a partir dun tronco principal, cun sentido construtivo parecido ao que se utiliza para a carpintaría tradicional. A súa carreira artística iniciouse a comezos da década de 1970 con escultura figurativa en madeira. Posteriormente traballou con fragmentos de taboleiros e vigas estragados que reciclaba e manipulaba lixeiramente, para superpoñelos e encaixalos nunha nova linguaxe de signo abstracto. Formou parte da renovación plástica de Galicia na década de 1980, e a presentación da súa obra fíxose a través do Grupo Atlántica. Iniciou entón unha proposta plástica inspirada no mundo autóctono e artesanal para o que recolleu trebellos agrícolas que reinterpretou con leves intervencións. A utilización de materiais de refugallo combinouse co emprego da madeira, ás veces ensamblada...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso carmelita. Defensor do lulismo, ensinou a arte lulista nas universidades de Córdoba, Granada, València e Zaragoza, onde creou unha nova cátedra.
VER O DETALLE DO TERMO