"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Preparador anatómico.

    2. Primeiro axudante nun instituto anatómico.

    3. Encargado de facer as autopsias nun hospital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de proseguir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa incorporada a unha relixión. Historicamente a palabra é propia do xudaísmo, e designaba primeiramente ao estranxeiro que vivía en Palestina, e posteriormente ao pagán converso que pola circuncisión pasaba ao xudaísmo.

    2. Novo adepto dunha escola filosófica ou outro tipo de asociación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impreso de dimensións pequenas que se distribúen para expoñer ou anunciar algo.

    2. Impreso, xeralmente de pequenas dimensións, que acompaña un medicamento, un aparello ou un produto, dos que dá instrucións sobre a súa utilización ou características.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai unha prospección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación, total ou parcial, da próstata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fluxo, polo membro viril e fóra da exaculación, dun líquido mucoso, que se observa na prostatite crónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que exerce a prostitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro segmento do corpo dos anélidos, detrás do que se abre a boca, situada en posición ventral.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ou quen protexe.

      2. protector das canelas [port: caneleira; cast: espinillera; ingl: shinpad]

        Peza empregada na práctica dalgúns deportes, como o fútbol ou o hockey, para protexer as canelas.

      3. protector de pantalla

        Peza que se acopla á pantalla dun ordenador e que serve para evitar que as radiacións que produce afecten á vista.

    1. Aplícase aos alimentos que, como o leite, a froita ou as hortalizas, son ricos en substancias (sales minerais, oligoelementos ou vitaminas) que interveñen, xeralmente formando parte de sistemas enzimáticos, na regulación de procesos metabólicos.

    2. Garda persoal do emperador durante o Baixo Imperio Romano.

    3. Grupo funcional no que se transforma, nunha síntese orgánica, un grupo funcional orixinal non estable nas condicións da secuencia descrita.

    4. Título do rexente de Inglaterra e Escocia entre os ss XV e XVII. O primeiro en levalo foi Oliver Cromwell.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade, cargo ou función de protector.

    2. Territorio posto baixo a protección de outro.

      1. Dereito de inspección de alta dirección que o poder público se reserva sobre institucións benéficas privadas.

      2. Autoridades que exercen este dereito.

    3. Parte de soberanía que un estado exerce sobre outro, sen anexionalo ao territorio nacional, e establecendo un tratado que determina as competencias, respectándolle o goberno interno, pero reservándose as relacións exteriores, aínda que tamén existen protectorados coloniais. Unido ao fenómeno do colonialismo, practicamente desapareceu coa descolonización.

    4. Réxime instaurado por Oliver Cromwell en Inglaterra en 1653 e continuado polo seu fillo Richard Cromwell ata 1659.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de protestar unha letra ou talón por falta de pagamento ou de aceptación.

    2. Documento notarial onde consta a acción de protestar unha letra ou talón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que, sen ser o titor, encárgase de velar polos intereses dun menor. Segundo quen siga as funcións encomendadas, denomínase curador ou defensor xudicial.

    2. Persoa encargada de supervisar as funcións e actuacións do titor. Desde a supresión do código civil o cargo e as súas funcións encoméndanselle ao xuíz de primeira instancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • protactinio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás protoarticulatais.

    2. Planta da orde das protoarticulatais.

    3. Orde de plantas pteridófitas fósiles, propias do período devónico. Eran plantas arbustivas, apenas articuladas, rizomatosas, de talos estériles con filomas estreitos, dicótomos e verticilados, e talos fértiles con esporanxios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos protoascomicetos.

    2. Fungo da antiga subclase dos protoascomicetos.

    3. Antiga subclase de ascomicetos integrada por micromicetos con ascos orixinados directamente do cigoto e non disposto en ascocarpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Precursor evolutivo das primeiras células procariotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos protobranquios.

    2. Molusco da subclase dos protobranquios.

    3. Subclase de moluscos bivalvos coas branquias con forma de peite, só encargadas das funcións respiratorias, polo que a captura do alimento se efectúa por medio dos tactos labiais. Tamén se denominan taxodontes, porque a charneira da cuncha ten dentes máis ou menos numerosos e similares, e dimiarios, por posuír case sempre dous músculos adutores.

    VER O DETALLE DO TERMO