"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
SERRAS
Cadea montañosa que se estende en dirección NO-SL polas parroquias de Aciveiro e Millarada, no concello de Forcarei, Refoxos e Parada, no concello de Silleda, e Vilatuxe, no concello de Lalín. Érguese sobre xistos micáceos e cuarcíticos. A súa máxima altitude correspóndese cos 1.000 m do monte Candán, situado no límite entre as parroquias de Aciveiro, Millarada, Parada e Vilatuxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estación de montaña do Pireneo aragonés, no municipio de Canfranc (Aragón), a 1.560 m de altura e a 1 km de Somport. Posúe numerosas pistas de esquí.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Rairiz de Veiga baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas: cinco estrelas, postas en aspa, e unha espada no medio coa punta para arriba.
-
PERSOEIRO
Médico. Estudiou na Escola de Medicina de Rio de Janeiro e doutorouse en Saúde Pública na Johns Hopkin’s University en Baltimore. Entre 1934 e 1950 ocupou distintos cargos no Servicio de Saúde Pública no estado de Rio de Janeiro. En 1950 entrou na OMS como director da División de Organización de Servicios Sanitarios; en 1953 foi director xeral, cargo no que foi reelixido en 1963 e 1968 e que ocupou ata 1973, ano en que o nomearon director xeral emérito. Ocupouse principalmente dos problemas de enxeñería sanitaria, a loita contra a fame e a tuberculose, a unificación da terminoloxía médica e a mellora das condicións sanitarias dos países do Terceiro Mundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Lidia, o último da dinastía dos heráclidas, asasinado por Xixes despois dunha sublevación de mercenarios financiada polos banqueiros de Éfeso.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Lámpada composta por un recipiente con aceite ou graxa que arde por medio dunha torcida colocada no seu interior.
-
Cilindro de cera ou parafina, ás veces tinxida de cores, cunha mecha de algodón lixeiramente torcida no seu interior, que forma unha chama luminosa ao ser acendida.
-
-
-
Inflorescencia das plantas anemófilas, como a do carballo, a do castiñeiro ou a do millo, que presenta pequenas flores agrupadas e pendurantes. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando vires a candea no castiñeiro, leva a ovella ao carneiro”.
-
Partícula colgante de xeo formada por unha pingueira.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo teatral dependente, nun principio, da Sociedade Cultural e Recreativa Liceo de Noia. Fundado por Xosé Agrelo Hermo en 1973, puxo en escena obras de Blanco Amor (Romance de Micomicón e Adhelala, 1973), Álvaro de las Casas (Pancho de Rábade, 1974), Leandro Carré (Rexurdimento, 1974) e do propio Agrelo Hermo, que exerceu como director dos espectáculos.
-
-
Aplícase a unha variedade de trigo que produce unha fariña moi branca.
-
Dise do pan feito coa fariña de trigo candeal.
-
-
-
-
Botar flor as plantas ou as árbores que a teñen en forma de candea, como o millo e o castiñeiro.
-
Encurvarse as follas por falta de auga, especialmente a do millo e a do pexego.
-
Dar couces un animal.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras baixo a advocación de san Bernabeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Utensilio formado por unha barra vertical, máis ou menos longa, apoiada nun pé, cun oco no seu extremo superior onde se fixa e se coloca a candea.
-
-
Extremidades posteriores dos cabalos ou burros.
-
Pernas especialmente longas e delgadas.
-
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela e subdirector do Museo Nacional de Escultura de Valladolid, do que publicou unha guía en 1945.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unha das sete unidades básicas do Sistema Internacional. É a intensidade luminosa, nunha dirección determinada, dunha fonte que emite unha radiación monocromática de frecuencia 540 ¥ 1012 Hz e cunha intensidade enerxética, nesta dirección, de 1/683 W/sr. Tamén chamada buxía nova, resulta ser un 2% inferior á buxía internacional, á que substituíu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Candeloria.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Estudiou na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid en 1935. Estableceuse en México en 1939 onde recibiu a influencia do enxeñeiro Eduardo Torroja na construción de cubertas con deseños atrevidos. Foi profesor nas universidades de México, Harvard, Illinois e Leeds. Entre as súas obras destacan as igrexas da Virgen de los Milagros (1954) e a de San Vicente de Paúl (1960), en México. Realizou, en colaboración cos arquitectos Enrique Castañeda e Antoni Peyrí, o palacio de deportes dos Xogos Olímpicos de México (1968). En 1961 recibiu o Premio Internacional de Arquitectura Auguste Perret.
VER O DETALLE DO TERMO