candela

candela
Nome científico: [cd]
s f [METROL]

Unha das sete unidades básicas do Sistema Internacional. É a intensidade luminosa, nunha dirección determinada, dunha fonte que emite unha radiación monocromática de frecuencia 540 ¥ 1012 Hz e cunha intensidade enerxética, nesta dirección, de 1/683 W/sr. Tamén chamada buxía nova, resulta ser un 2% inferior á buxía internacional, á que substituíu.