candelabro

candelabro

(< lat candelabru)

  1. s m

    Utensilio consistente nunha barra vertical, máis ou menos longa, apoiada nun pé, con dous ou máis brazos na parte superior que soportan outras tantas candeas. Na arte etrusca e romana existen numerosas mostras de candelabros elaborados en bronce. Na Idade Media destacan os candelabros dedicados á liturxia cristiá, así como modelos sinxelos de ferro forxado para uso doméstico. Desde o s XV adquiriron unha grande importancia como pezas de ourivería e introducíronse progresivamente novos materiais nobres, como o vidro ou a porcelana.

  2. candelabro de sete brazos [RELIX]

    Candelabro litúrxico de ouro que, segundo o libro do Éxodo, Moisés fixo colocar no Tabernáculo e que constitúe un dos símbolos de Israel. Reposto despois do cativerio, levouse posiblemente a Roma como botín despois da destrución do Templo (70 d C), e así aparece reproducido no arco de Tito.