Candelaria

Candelaria

Municipio da provincia de Tenerife, Islas Canarias, situado ao NO da illa de Tenerife, ao S da capital, na ladeira da serra de Boca del Valle (12.392 h [1996]). A costa é abrupta, irregular e areosa, con pequenas calas entre os acantilados. Os sectores principais da economía son a agricultura, baseada na produción das árbores froiteiras, do algodón e dos produtos hortícolas, a gandería e as pequenas industrias. O sector da construción está moi desenvolvido. Dentro do termo está o santuario de Nuestra Señora de Candelaria, patroa da illa.