"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Tipo de isomería que presentan os compostos que teñen os mesmos átomos unidos entre eles na mesma orde, pero que difiren na súa disposición espacial, é dicir, na configuración. Subdivídese en isomería óptica e isomería xeométrica. Esta diferenza de configuración, nun átomo de carbono saturado, é posible porque as súas valencias se dirixen cara aos catro vértices dun tetraedro que ten o centro ocupado polo átomo de carbono, e ten lugar cando os catro átomos ou grupo de átomos enlazados co carbono central son diferentes, xa que existen dúas maneiras posibles de distribuílos. As dúas configuracións que resultan son a imaxe especular unha da outra; os compostos resultantes denomínanse estereoisómeros. Xeralmente, na natureza existe soamente un dos posibles estereoisómeros e, moitas veces, mentres un é farmacoloxicamente activo, o outro non o é. Tamén recibe o nome de isomería estérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos compostos que presentan estereoisomería. Os estereoisómeros que son imaxe especular non susceptible de se superpoñer un ao outro denomínanse enantiómeros. Como as interaccións internas entre átomos e grupos dunha mesma molécula son as mesmas en cada un dos enantiómeros, estes compórtanse unicamente de maneira diferente fronte aos reactivos químicos quirais (asimétricos), cos que reaccionan a diferentes velocidades. Así mesmo, todas as súas propiedades físicas escalares, non disimétricas, son idénticas. En cambio, son diferentes as non escalares, como é o poder rotatorio e a dispersión óptica rotatoria. Os estereoisómeros que non son imaxe especular denomínanse diastereoisómeros. En xeral, teñen propiedades físicas e químicas diferentes, posto que ao contrario dos enantiómeros, as interaccións que teñen lugar entre os átomos ou grupo de átomos de cada un deles non son as mesmas. A diastereoisomería maniféstase nas moléculas con máis dun centro quiral,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de todos os tecidos de sostén dunha planta superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida das características xeométricas dos sólidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á estereometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da química que trata da estrutura tridimensional das moléculas, é dicir, da distribución ou da posición relativa no espazo dos átomos ou grupo de átomos que as constitúen e dos efectos sobre as súas propiedades químicas. A mediados do s XIX descubriuse que cos métodos analíticos que se empregaban podíase chegar a asignar a mesma fórmula estrutural a máis dun composto. As teorías e as regras da estereoquímica concibíronse e establecéronse coas correccións necesarias para evitar estes defectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á estereoquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade suplementaria do Sistema Internacional que mide o ángulo sólido. O ángulo sólido total con centro nun punto é igual a 4π estereorradiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de principios que rexen a observación binocular.

    2. Visión de relevo mediante un estereoscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estereoscopio.

    2. Que se pode observar co estereoscopio.

    3. Relativo ou pertencente á estereoscopía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento óptico que, por medio de dúas imaxes planas dun mesmo obxecto tomadas desde puntos de vista separados, produce a sensación de relevo cando se miran ao mesmo tempo cada unha cun ollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de estereotipar.

    2. Que se repite sen variación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Imprimir mediante estereotipo.

    2. Fixar algo como un xesto, frase ou procedemento artístico por medio da súa frecuente repetición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento para a reprodución en pranchas de metal dun gravado ou dun molde de tipos movible. As pranchas obtéñense tomando do molde orixinal un negativo cun cartón especial mediante presión cunha prensa provista de calefacción. Unha vez obtido o cartón co negativo, tamén chamado matriz, inxéctase o metal fundido (aliaxe de chumbo, estaño e antimonio) que, unha vez arrefriado, será a prancha positiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prancha de metal tipográfica obtida cun molde, que é a prancha dunha ou máis planas compostas por caracteres móbiles.

    2. Idea, modelo ou imaxe aceptada comunmente por un grupo ou sociedade con carácter fixo e inmutable e que se obtén a partir das normas ou dos patróns culturais previamente establecidos.

    3. Concepción tópica, banal ou estática dun personaxe, dun conflito ou dunha acción, que desembocan no tipismo, na trivialización ou na repetición. Hai algunhas correntes e escolas que basean a súa esencia na codificación estrita da acción, do personaxe, do vestiario, do movemento, das situacións, dos conflitos e mesmo das temáticas, como acontece coa commedia dell’arte ou con diversos xéneros propios do teatro oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de tallar as pedras, a madeira, o ferro e outros materiais que se empregan na construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • haptotropismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • isión estereoscópica, é dicir, con efecto de relevo e sensación de distancias entre as diferentes partes da imaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe nobre húngara con orixe no s XII que se dividiu en catro ramas: Galántha, Frakno, Csesznek e Zolyom. Os Galántha levan o título de príncipes do Sacro Imperio desde 1687, mentres que as outras teñen a dignidade de condes. A rama Galántha foi fundada por Benedict Esterházy (?-1552?), casado (1526?) con Helena Bessenyey de Galántha. O seu neto Miklós Esterházy de Galántha (?-1645), barón hungaro (1613) e conde de Fraknó (1626), foi xefe da rama principal da familia. Tamén destacou Pál Esterházy (1635-1713), político, poeta e compositor, que fundou a orquestra da residencia dos Esterházy, orixe dun taller de alto nivel que se desenvolveu no s XVIII. O seu neto Pál Antal Esterházy de Galántha (1711-1762), contratou a J. Haydn como Vicekapellmeister (1761) e o seu irmán Miklós József Esterházy de Galántha (1713-1790), destacado filhamórnico, ampliou a súa orquestra privada,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á configuración espacial das moléculas.

    2. Efecto resultado da influencia que ten a configuración das substancias reaccionantes na velocidade, a natureza e a extensión dunha reacción.

    3. Fenómeno que se produce cando un proceso químico, unha reacción ou un simple cambio de configuración ou de conformación non pode ter lugar a consecuencia do volume dos átomos ou dos grupos de átomos da molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO