estérico -ca

estérico -ca
  1. adx

    Relativo ou pertencente á configuración espacial das moléculas.

  2. efecto estérico [QUÍM]

    Efecto resultado da influencia que ten a configuración das substancias reaccionantes na velocidade, a natureza e a extensión dunha reacción.

  3. impedimento estérico [QUÍM]

    Fenómeno que se produce cando un proceso químico, unha reacción ou un simple cambio de configuración ou de conformación non pode ter lugar a consecuencia do volume dos átomos ou dos grupos de átomos da molécula.

Palabras veciñas

estereotropismo | estereovisión | Esterházy | estérico -ca | esterificación | esterificar | esterigma