estérico -ca
estérico -ca
-
adx
Relativo ou pertencente á configuración espacial das moléculas.
-
efecto estérico
[QUÍM]
Efecto resultado da influencia que ten a configuración das substancias reaccionantes na velocidade, a natureza e a extensión dunha reacción.
-
impedimento estérico
[QUÍM]
Fenómeno que se produce cando un proceso químico, unha reacción ou un simple cambio de configuración ou de conformación non pode ter lugar a consecuencia do volume dos átomos ou dos grupos de átomos da molécula.