esterificación

esterificación

(< esterificar)

s f [QUÍM]

Proceso que ten lugar ao facer reaccionar un ácido carboxílico cun alcohol para dar un éster máis auga. Nesta reacción os materiais de partida e os produtos están en equilibrio, que pode desprazarse en calquera dirección cando se emprega un exceso dun dos compoñentes. O proceso de esterificación introducido por E. Fisher e S. Speier no 1895 consiste en ferver o ácido carboxílico cun exceso de metanol ou de etanol en presenza dun 3% de ácido clorhídrico. Os catalizadores máis empregados para acelerar a reacción, que é lenta en condicións normais, adoitan ser o ácido sulfúrico concentrado ou un ácido de Lewis. O proceso inverso á esterificación é a hidrólise dun éster, que recibe o nome de saponificación cando a reacción ten lugar nun medio básico. A reacción dun éster cun alcohol para dar outro éster diferente sen a obtención dun ácido libre, recibe o nome de transesterificación.

Palabras veciñas

estereovisión | Esterházy | estérico -ca | esterificación | esterificar | esterigma | estéril