Esterházy

Esterházy

Liñaxe nobre húngara con orixe no s XII que se dividiu en catro ramas: Galántha, Frakno, Csesznek e Zolyom. Os Galántha levan o título de príncipes do Sacro Imperio desde 1687, mentres que as outras teñen a dignidade de condes. A rama Galántha foi fundada por Benedict Esterházy (?-1552?), casado (1526?) con Helena Bessenyey de Galántha. O seu neto Miklós Esterházy de Galántha (?-1645), barón hungaro (1613) e conde de Fraknó (1626), foi xefe da rama principal da familia. Tamén destacou Pál Esterházy (1635-1713), político, poeta e compositor, que fundou a orquestra da residencia dos Esterházy, orixe dun taller de alto nivel que se desenvolveu no s XVIII. O seu neto Pál Antal Esterházy de Galántha (1711-1762), contratou a J. Haydn como Vicekapellmeister (1761) e o seu irmán Miklós József Esterházy de Galántha (1713-1790), destacado filhamórnico, ampliou a súa orquestra privada, ascendeu a Haydn a Kapellmeister (1766) e fixo construír o palacio de Esterházy, que chegou a ser un centro artístico internacional en rivalidade con Versailles. Posuía un teatro-ópera con capacidade para catrocentos espectadores. Entre os anos 1780 e 1790 representáronse ao redor de mil corenta óperas e en 1959 inauguráronse nel unha serie de concertos dun festival dedicado a J. Haydn. Miklós Esterházy de Galántha (1765-1833), xeneral e diplomático, rexeitou a coroa húngara que Napoleón lle ofreceu en 1809.