"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Método para rexistrar a medida, a forma e a función de determinados órganos, principalmente da glándula tiroide, aproveitando a captación das escintilacións emitidas polos radioisótopos administrados ao paciente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación fotográfica da distribución dun radioisótopo administrado a un órgano do corpo pola súa emisión de raios gamma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de determinar a hora pola sombra que proxectan os obxectos iluminados pola luz solar ou lunar.

    2. Arte de reproducir os obxectos en claroscuro. Utilízase sobre todo no debuxo arquitectónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á esciografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa presbiteriana establecida en Escocia por John Knox en 1550. O Parlamento de Edimburgo declarouna relixión do Estado en 1560. Doutrinalmente é calvinista e ten como textos fundamentais o Book of Common Order (Libro da orde común) e os dous Books of Discipline (Libros de disciplina, 1560 e 1578). En 1929 uníronse a ela diversas pequenas igrexas, que constituíron a Church of Scotland, que designou como cabeza espiritual ao titular do trono escocés, o soberano do Reino Unido, aínda que conservaba a súa independencia no terreo civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola agrícola que se puxo en marcha na Granxa de Barreiros de Ortoá (Sarria), baixo o impulso do empresario agrícola Antonio Fernández López (1903-1971) e do mestre galeguista e renovador Avelino Pousa Antelo (1914). Ambos os dous estaban convencidos de que a transformación social e económica do medio rural podía comezar pola escola se esta lograba dedicar o tempo necesario á formación dos nenos dos labradores partindo do seu propio sistema de vida e do coñecemento práctico e efectivo do medio rural natural e social. Con este obxectivo o 1 de febreiro de 1948 inaugurouse a Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros, totalmente gratuíta para os escolares da parroquia. As clases repartíanse en sesións de mañá, tarde e noite, seis días á semana. Para que a escola fose eficaz en relación co medio circundante, esta tiña que preparar os alumnos e darlles coñecementos en diversos campos, entre eles, no das técnicas agropecuarias. Estas realizábanse in situ nos campos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imprenta creada en 1855 polo Concello de Santiago, destinada á formación profesional dos hospicianos e a cubrir a demanda de material impreso do propio concello. Principiou o seu funcionamento en 1856, baixo a dirección de Juan Rodríguez Vielsa, grazas á axuda económica prestada polos irmáns e docentes Teodoro e Ramón Varela de la Iglesia. Chamada inicialmente Imprenta da Casa Hospicio, posteriormente denominouse Escola Tipográfica do Hospicio. Mantivo a súa actividade ata os primeiros anos do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para rexistrar automaticamente a forma e a forza do pulso arterial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gráfico do pulso arterial obtido co esfigmógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de esgrafiar.

    2. Técnica de decoración mural que consiste en raiar ou riscar unha capa de pintura ou outro material de xeito que quede á vista un fondo de cor diferente. Conséguese superpoñendo capas de lucido de distinta cor e, cando estas están aínda frescas, ráiase co grafio. Apareceu en tempos prehistóricos en obxectos de uso corrente, como xerras, figuras e lápidas, e aplicouse en Italia na decoración de fachadas. Os temas máis abundantes son os alegóricos e os motivos arquitectónicos e xeométricos que se realizan mediante patróns. No s XX desenvolveuse a aerografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trazar debuxos nun paramento facendo saltar en certos lugares a capa superficial de estuco que o reviste e deixando ao descuberto a capa inferior doutra cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao terreo montesío con numerosas rochas e pendentes ou desniveis considerables.

    2. Aplícase á terra que ten arxila e fende facilmente cando seca.

    3. Aplícase ao pan que queda seco e duro porque se moeu mal a fariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Deporte de combate que consiste no enfrontamento entre dous contendentes provistos dunha arma branca, coa que teñen que alcanzar o seu rival nalgún dos puntos do corpo marcados polo regulamento.
    Regulamentación
    Na práctica da esgrima deportiva pódense empregar tres armas: a espada, o sabre e o florete (cada unha delas constitúe unha especialidade). Os participantes visten unha indumentaria específica, que inclúe unha máscara, coa que se protexen dos golpes na faciana, e un peto provisto de sensores eléctricos ou electrónicos que indican a consecución dos touché do contrario, pois debido á dinámica dos combates resulta difícil percibilos coa vista. Os dispositivos máis convencionais consisten nun circuíto eléctrico no que se integran o peto coa arma do contrario, de xeito que, ao entraren ambos en contacto, péchase o circuíto e emítense sinais acústicos e luminosos. A única limitación que se lles impón aos participantes, á marxe das relativas ao sexo e á...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica a esgrima ou que sabe esgrimir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manexar unha arma para ameazar ou atacar con ela a alguén.

    2. Empregar algo como defensa en beneficio ou en contra de algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar os gromos ás plantas ou árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifestar sorpresa ou asombro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista fundada en México en 1940 por intelectuais españois no exilio. Patrocinada pola Junta de Cultura Española, o seu director foi José Bergamín e o seu redactor xefe Juan Larrea. Trátase dunha publicación sen liña estética ou política definida, na que se reflectía a situación dos exiliados políticos no país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra do crego valisoletano Enrique Flórez titulada La España Sagrada, o teatro geográfico-histórico de la Iglesia de España. Comezouse a publicar en 1747, cada un dos volumes é independente, e neles analízase a historia das sés metropolitanas e de cada diocese. Flórez escribiu os 27 primeiros volumes. Dende 1772 continuaron a obra os seus compañeiros agostiños Manuel Risco (ata o tomo 42), Antolín Merino e José de la Canal (43-46). En 1836 a Real Academia de la Historia asumiu a responsabilidade da súa redacción, a partir do tomo 47.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Descoñécense os datos da súa formación artística, relacionada cos obradoiros casteláns. Xunto con Juan Davila foi o introdutor do manierismo en Galicia, influenciado pola obra de Juan de Juni e Gaspar Becerra, do que puido ser discípulo. Documéntase por primeira vez nas proximidades de Astorga en 1585, cando se lle encargou o retablo de San Román el Antiguo. Entre as obras que realizou nas terras leonesas destacan a imaxe de santa Baia da igrexa de Rivas de Valduerna (1592) e o retablo para a igrexa de Valle de Castrotierra (1596). En Santiago de Compostela aparece documentado por primeira vez en 1596, cando recibe o encargo de traballar no cadeirado do coro do mestre Mateo. En 1598 traballou no colexio de Santa María a Antiga de Monforte de Lemos, onde realizou o sepulcro pétreo do cardeal Rodrigo de Castro. O cabido da catedral compostelá encargoulle, xunto a Juan Davila, a obra do cadeirado do coro en 1599, do que se lle atribúen os taboleiros do lado do Evanxeo. A súa obra...

    VER O DETALLE DO TERMO