"Nan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1411.

  • PERSOEIRO

    Reformador relixioso. Fundou o nanekismo ou relixión dos sikhs. Escribiu Japji, a parte principal do Adi Granth. As súas doutrinas foron recollidas polos seus discípulos en Janam-sakhis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo masculino, nas edogoniais, que se orixina por unha andróspora, que consta de moi poucas células e está fixado na parede dun oogonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do sheng de Jiangxi, China, situada na rexión do Centro-sur (1.086.124 h [1990]). Ten industrias de papel, de tecidos, industria química e de aceite, construcións mecánicas e maquinaria agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Sichuan, China, situada na conca de Sichuan, na beira do río Jialingjiang (180.273 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Lorena e do departamento de Meurthe-et-Mosella, Francia, situada nas ribeiras do Moselle, do Meurthe e do canal navegable do Marne ao Rin (103.605 h [1999]). As áreas industriais modernas sitúanse en Heillecourt, ao S, Seichamps, ao NL, e Ludres, ao SL, que destacan como núcleos siderúrxicos e metalúrxicos. Desenvolveuse ao amparo do castelo de Xeraldo de Alsacia (1069) e, incendiada por Enrique de Bar (1218),   foi reconstruída por Mateo II de Lorena. Asediada e ocupada en 1476 por Carlos I de Borgoña o Temerario, foi recuperada por Renato II de Lorena. Os franceses ocupárona en diversas ocasións e perdeu a capitalidade de Lorena en beneficio de Lunéville. Ao morrer Estanislao I de Polonia (1766), duque de Lorena desde 1738, pasou definitivamente a Francia. Do seu patrimonio cultural destaca o antigo barrio da Vieille-Ville coa antiga igrexa dos franciscanos, e o conxunto urbanístico do s XVIII formado, entre outros, pola praza Stanislas, a praza da Carrière,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de artistas franceses que, impulsados por Émile Gallé, intensificaron as súas experiencias en todos os dominios das artes decorativas a partir de 1890. Fusionaron as características rococós e populares coas xaponesas e simbolistas do modernismo. Destacaron Gallé, Eugène Vallin, Louis Majorelle, Auguste e Antonin Daum, Jacques Grüber e Émile André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Laxe baixo a advocación de san Simón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Mahārā ṣ h ṭ ra, India, situada nas ribeiras do Godāvari (274.626 h [1991]). É un centro comercial, e ten industrias de fío, de algodón, de tecidos e confección. Conserva o famoso templo de Sikh.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nandi e á súa lingua.

    2. Individuo do pobo nandi.

    3. Pobo da África oriental, de raza nilótica. Habitan a beira do lago Vic22toria, nos estados de Kenya e Tanzania. A súa cultura é basicamente gandeira, aínda que comezan a sedentarizarse e a practicar o cultivo da terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos carnívoros da familia dos vivérridos. A este xénero pertence a especie N. binotata, de ata 1,10 m de lonxitude, incluída a cola, que é case tan longa como a cabeza e corpo xuntos, e máis escura que o resto do corpo. Ten unha coloración variable, entre grisácea e marrón, e a miúdo posúe dúas manchas cremosas entre os ombreiros. Teñen patas e orellas curtas, estas últimas redondeadas. Habita en África, desde Guiné-Bissau ata o S de Sudán e desde o S ao N de Angola e L de Zimbabwe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esteroide anabólico de estrutura semellante á da testosterona, que se subministra cando un quere incrementar o peso e o desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Camporramiro (Chantada). O seu cumio acada os 630 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que defendeu Nanak, que intentaba fundir o hinduísmo e o islamismo nunha fe monoteísta superior. Está expresada nos himnos que compoñen o núcleo primitivo do Adi Granth, o libro sagrado dos sikhs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico do Himalaia, de 8.126 m de altitude, situado ao S do Indo, en Kashmir, India. O primeiro alpinista que chegou ao cumio foi o alemán Herman M. Buhl (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán (7.616 km2; 782.000 h [estim 1982]). A capital é Jalālābād.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición do individuo que ten un peso e unha estatura inferior nun 40% á media dos individuos da súa mesma idade.

    2. Defecto conxénito do crecemento cuxa causa principal é a falta de produción da hormona do crecemento. OBS: Tamén se denomina ananismo hipofisario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do sheng de Jiangsu, China, na rexión do Leste, situada á beira dereita do Iang-Tsé, ao O de Shanghai (2.090.809 h [1990]). Ten refinarías de petróleo, industrias téxtiles, químicas, de fertilizantes, de tractores e alimentarias. A antiga cidade de Giuling, construída hai uns 2500 anos, estaba situada en Nanjing. Durante a dinastía hang foi unha cidade subordinada co nome de Tanyang e durante o período das seis dinastías foi a capital de China. Os ming convertérona en cidade imperial e en 1368, o primeiro emperador desta dinastía, Zhu Yuanzhang, deulle o nome de Yingtien e converteuna na súa capital, aínda que se coñeceu popularmente como Nanjing (capital do S). En 1403 o terceiro emperador da dinastía ming trasladou a capital a Pequín, e Nanjing adoptou a denominación de Kiangsing. Ocupada polos británicos (1842), durante a Rebelión dos Taiping, a cidade foi ocupada polos rebeldes, que a converteron na súa capital desde 1853 ata que os británicos a recuperaron en 1864....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade xermánica, filla de Nep, esposa de Balder e nai de Forsete. Vivía en Asgard e amaba tanto ao seu esposo que morreu ao saber da súa morte. O seu corpo foi colocado na pira xunto ao do seu marido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor e xornalista alemán. Licenciado en historia da arte, en 1947 fundou a prestixiosa revista Stern, para logo ser o seu director ata 1980. En 1983 abandonou a publicación e dedicouse ao coleccionismo de obras de arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maria Anna Walburga Ignatia Mozart.

    VER O DETALLE DO TERMO