"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Mª de los Ángeles de las   Heras Ortiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Doutor en letras (1962), catedrático de Historia da Arte na Universidade de Languedoc e profesor emérito na Universidade de Toulouse-Le Mirail. Entre as súas obras destaca La Sculpture romane en Roussillon (A escultura románica no Roussillon, 1948), L’art roman en Espagne (A arte románica en España, 1964), L’Architecture espagnole (A arquitectura española, 1966) e La sculpture romane de la Route de Saint-Jacques (A escultura románica do Camiño de Santiago, 1990). Foi membro, entre outras institucións, da Commission Supérieure de Monuments Historiques e do Institut d’Estudis Catalans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Coñecido como o Mestre de Luxembourg-Martigues, viaxou a Italia onde traballou na decoración do palacio Sachetti (1553). Entre os seus retratos destacan Catarina de Medici e Carlos IX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou na University of Buffalo (1948-1953) e na New School for Social Research (1957). Continuou a súa formación en Ciudad de México con John Golding. Foi profesor na School of Visual Arts de Nova York (1957) e no Institute of Humanistic Studies de Aspen (1965). Dende 1963 realizou composicións sobre acrílico, inspiradas nos carteis publicitarios e nos letreiros da rúa que representan o estilo de vida norteamericano, encadradas na pop art.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de satélites ópticos lanzados pola NASA; o primeiro, o 23 de xullo de 1972. Seguen unha órbita ao redor da Terra e toman fotografías de zonas determinadas da súa superficie, que permiten observar os cambios experimentados. Fan un percorrido que completa 14 órbitas diarias e sobrevoan a mesma zona cada 18 días. A partir de 1975 os satélites desta serie pasaron a denominarse Landsat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e ilustrador. Fillo de Martín Echegaray Olañeta, foi propietario da illa de Toralla e impulsor da Compañía de Tranvías e das viaxes rápidas entre EE UU e Vigo. Comezou a súa formación na Academia Minerva con Perfecto Mediero. Participou, entre outras, na Exposición de Arte Gallego de Santiago de Compostela en 1926, en Madrid na mostra organizada polo Heraldo en 1928 e na que repetiu en diversas ocasións, e na exposición realizada en Bos Aires en 1929. En setembro de 1930 expuxo no Casino de Vigo. Na súa obra advírtese a influencia da pintura postimpresionista e da escola de París. As cores quentes e a contraposición de grandes planos foron unha constante nunha pintura na que primou o efectismo. Entre as súas obras destacan Aldeanos, Retrato de Tomás Sobrino Mirambell, Silueta de Vigo e Crucero de Bayona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Vilagarcía de Arousa en 1884. Fundado e dirixido por Xosé R. Paratcha, saía todos os sábados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter comercial que apareceu na Coruña en 1884. Tivo a súa continuación noutro boletín editado en 1888 co mesmo título.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de información económica aparecido na Coruña entre o 16 de xaneiro e o 10 de febreiro de 1847. Publicou nove números e saíu tres veces á semana. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Ramón Peralta e incluíu artigos de creación literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade quincenal e de tendencia católica que se editou en Pontevedra entre os anos 1911 e 1913.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debuxo dunha figura humana ou animal que mostra os seus músculos, que lles servía aos artistas para realizar estudios anatómicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor. Coñecido como Xosé Manuel Eirís, colaborou co grupo Na Lúa e compartiu a súa actividade artística coa de animador cultural do concello de Carballo. Gravou o disco Ese lago inmenso (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo e escritor. Doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidad de Zaragoza coa tese Notas para un estudo de la Edad del bronce en Galicia. Foi profesor na Universidad de Zaragoza (1970-1982) e catedrático de Prehistoria na Universidade de Santiago de Compostela (1983), e dende 1984 na Universidad de Murcia. No eido da arqueoloxía, dirixiu traballos de campo en Galicia, Castela e León, Aragón, Murcia e América Latina, entre os que destacan os realizados no castro de Borneiro (1968 e 1974). No eido da historia e da xeografía do urbanismo, destacan os proxectos de investigación “El impacto del urbanismo colonial en el valle de Moche (Perú)” e “Estudio histórico y geográfico para la recuperación de los cascos históricos del noroeste de la región de Murcia”. Colaborador en revistas especializadas (Cuadernos de Estudios Gallegos, Caesaraugusta, etc), foi coautor, entre outras obras, de Nociones de tecnología y tipología en prehistoria (1999) e autor de Sobre la...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecta. Estudiou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona e da Coruña, onde se licenciou en 1985. Diplomouse en historia da arquitectura na Oxford University (1995) e ampliou estudios no eido da conservación arquitectónica na Oxford Brookes University (1996). Entre as súas intervencións arquitectónicas destacan os seus traballos de rehabilitación no centro histórico de Santiago de Compostela (1999), na casa Abraira en Pousadoira (Miño, 1999-2001), na casa do Vilar (Mondariz, 2001) e na casa do Castro (Poio, 2001-2002). As súas investigacións centráronse no campo da arquitectura tradicional galega do s XIX. Realizou a catalogación da arquitectura doméstica na comarca da Terra Chá (1763-1936), pola que recibiu o Premio Constanza de Castro (1999). Colaborou, entre outras obras, na Encyclopedia of Vernacular Architecture of the world (Enciclopedia da arquitectura vernácula no mundo, 1995) e La Galicia de los Pazos (2002). Escribiu tamén A casa grande...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Fina Eiros, formouse na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Lugo e na Escola Superior de Disseny i Art Eina da Universitat Autónoma de Barcelona (1989-1997). Ampliou a súa formación coas bolsas da Fundación Unión Fenosa (1996 e 1998) e coa do Oxford Centre for Galician Studies (1994-1995). A súa obra evolucionou dende os modelos figurativos ata unha pintura paisaxística e experimental que a levou a unha abstracción formal e un colorido desbordante. Da súa produción destacan as series Terra Incógnita e Antártica. Participou, entre outras mostras colectivas, na Semana Blava. Eina (1993 e 1994), no XIII Certame de Pintura Concello de Cambre (1996), no IV Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo (1998), na II Convocatoria de Pintura da Fundación Nelson Zumel (1998), no Certame de Pintura Galería Burela (1998-2000) e no X Concurso de Pintura Bello Piñeiro (Mugardos, 2000). Realizou exposicións individuais na Coruña, Meira, Lugo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Misioneiro dominicano. En Filipinas aprendeu as linguas tagala e chinesa e desenvolveu un labor misioneiro activo. En 1623 pasou ás misións do Xapón, onde o fixeron prisioneiro (1626) e foi queimado vivo. Beatificado polo Papa Pío IX en 1867, a súa festa celébrase o 18 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu durante o levantamento de 1846 un dos dous corpos do exército establecidos na asemblea do 15 de abril en Santiago de Compostela. Dirixiuse cara á Coruña baixo o mando do comandante Miguel Solís y Cuetos, que levaba como segundo a Manuel Buceta. O segundo corpo dirixiuse cara a Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo guerrilleiro do estado de Chiapas (México) creado en 1969. Seguiu os ideais de Emiliano Zapata que reivindicaba terra, pan e liberdade para os indíxenas. Desde o 1 de xaneiro de 1994 reiniciou as súas actividades dirixido por unha pequena cúpula militar encabezada polo subcomandante Marcos e co apoio de todas as comunidades indíxenas. Pódense apuntar como causas desta nova sublevación: a marxinación dos grupos indíxenas, a forte presenza do racismo como elemento do ámbito cultural dos grupos sociais dominantes, unido ao agravio e a vexación das comunidades indíxenas con respecto ao seu pasado histórico, a súa resistencia secular contra os caxtlanes (brancos e mestizos) e a necesidade de tomar unha iniciativa que os sitúe de novo na historia contemporánea. Os numerosos enfrontamentos entre o exército e a guerrilla levaron ao goberno a decretar o alto o fogo (12.1.1994). Coa mediación do bispo Samuel Ruíz negociouse unha saída pacífica e asináronse o 12 de febreiro de 1996...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador das relixións. Estudiou filosofía na Universidade de Bucarest e en 1928 trasladouse á India, onde foi discípulo de Surendranath Dasgupta e aprendeu alí sánscrito e filosofía india. Á volta doutorouse en Filosofía (1933) e publicou Yoga: Essai sur l’origine de la mystique Indienne (Ioga: ensaio sobre a orixe da mística india). Profesor asistente na Universidade de Bucarest (1933-1939), impartiu filosofía hindú e historia das relixións. Arrestado pola súa vinculación coa Garda de Ferro, destinárono posteriormente ás embaixadas de Londres e Lisboa (1941-1944). Despois da Segunda Guerra Mundial trasladouse a París e traballou como profesor visitante na École des Hautes Études da Sorbonne (1946). Profesor visitante de historia das relixións na University of Chicago (1956), converteuse en profesor titular ao ano seguinte. Fundou as revistas Zalmoxis (1939-1940-1944), Antaios (1961-1972) e History of Religions (1961). Entre as súas obras científicas destacan Traité d’histoire des...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado por Bosch i Gimpera en 1915 a un dos estilos pitóricos da cerámica ibera atopada na parte meridional do País Valencià e Murcia. Caracterízase polas figuras simbólicas, de dimensións considerables, humanas ou de animais, con elementos decorativos florais, vexetais e xeométricos.

    VER O DETALLE DO TERMO