"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

    1. Que produce pracer á vista ou ao oído, pola súa beleza, perfección ou magnitude. Na tradición oral recóllense ditos como: “Á fermosa, o desdén sempre parece ben. Non hai fermoso que non teña algo noxoso”.

    2. Que é grande ou ben desenvolvido.

    3. Que denota xenerosidade ou nobreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Beade. Fundouna o cóengo de Santiago de Compostela Francisco Cotón e fixérona os mestres Pedro Antonio Reboreda e Matías Gómez. Ten planta rectangular e dous andares. Na fachada principal destaca nun lateral unha escaleira de dous tramos que conduce ao patín. O brasón representa as armas dos Temes, Novoa, Castro, Enríquez, Mosquera e Oxea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de fermoso. Na tradición oral recóllense ditos como: “A fermosura cómea a sepultura. A fermosura cómea a terra. A fermosura moitas faltas disimula. Non hai fermosura sen axuda”.

    2. Persoa ou cousa fermosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Coñecido como Augusto Assía, pseudónimo extraído dun personaxe viaxeiro dunha obra de Tolstoi. Comezou estudiando filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixiu a “Página Universitaria” de El Pueblo Gallego. Posteriormente, trasladouse a París e logo a Berlín, onde foi nomeado lector de literatura española da Universidade Humboldt, e foi correspondente do xornal La Vanguardia. Expulsado de Alemaña en 1933, tralo ascenso de Hitler ao poder e logo de escribir unha crónica sobre uns sacerdotes asasinados, La Vanguardia enviouno como correspondente a Londres, onde permaneceu ata o comezo da Guerra Civil española, momento no que se incorporou voluntariamente ás tropas sublevadas de Franco. Ao remate da guerra volveu a La Vanguardia como correspondente en Londres, onde realizou unha das súas entrevistas máis destacadas a Winston Churchill, tamén alí puido relatar directamente a Batalla de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Graduada en artes aplicadas e oficios artísticos na especialidade de interiorismo, ampliou estudios en diversos cursos e talleres. Partiu da figuración para achegarse á abstracción. Utilizou técnicas mixtas como o gravado, a cerámica e o óleo na procura dunha ambigüedade tomada das formas da natureza con formas óseas e vexetais, das diferentes texturas ou das cores. Nas instalacións de Wood Blood (2001) analizou a intervención do home na natureza. Comezou a expoñer en 1985 e participou, entre outras mostras colectivas, en Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1988), Premio Penagos (Madrid, 1991-1992), Galicia Terra Única (1997), Salon d’Art Contemporain des Pays Celtes (Lorient, 2000) e na VII Mostra Unión Fenosa (2001). Formou parte, en diversas convocatorias, do xurado do Premio Internacional de Gravado Máximo Ramos. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Autor Galego do Certame Internacional de Debuxo X. Pérez Villaamil (1990). A súa obra está presente,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. De formación autodidacta, colaborou na prensa deportiva e na revista O Arco da vella da Agrupación cultural O Facho. Da súa produción destaca Triloxías (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Comezou a súa formación en Londres, onde realizou un curso de pintura en The Heartherly School of Fine Arts. Posteriormente estudiou ourivería e pintura na Escola de Artes e Oficios en Vigo. Residiu en Caracas (1964-1969), onde realizou cursos de cerámica e escultura na Escuela Nacional de Bellas Artes Cristóbal Rojas. Encadrada na denominada escola galega, a súa produción como pintora recolle diversas temáticas: paisaxes, bodegóns e maternidades. Nas súas obras, o debuxo desaparece na busca do esencial. Realizou desde 1971 exposicións tanto colectivas como individuais. Recibiu, entre outros, o primeiro premio de debuxo na Mostra de Artistas Noveis do Concello de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Coñecido como Chocolito, estudiou na Escola Normal de Ourense. No primeiro bienio da República ensinou en Bóveda de Amoeiro (Amoeiro), a carón de Rafael Alonso, Ignacio Herrero, Adolfo R. Ansias e Elixio Núñez, dirixentes da Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO), e cos que comezou o traballo asociativo. Colaborou na súa revista mensual, Escuela del Trabajo, con diversos artigos sobre pedagoxía. En 1934 gañou en propiedade a praza de mestre na escola de Vilariño (O Pereiro de Aguiar), na que puxo en práctica os métodos activos, facendo xirar as distintas materias ao redor da Xeografía Parroquial, material que destruíu cando fuxiu a Portugal (1942) e que recuperou esquematicamente nun artigo publicado na Revista Galega de Educación (1985). En 1932 militou en Izquierda Comunista de España e, en 1935, entrou no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM). Escribiu no periódico Espartaco, voceiro dos mozos antifascistas ourensáns, e tivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Coñecido como Guillermo Pedrosa, partiu da figuración e, a través da mancha de cor, realizou unha investigación cromática que o levou ata a abstracción lírica. Realizou exposicións individuais en diversas cidades galegas e Madrid e participou, entre outras mostras colectivas, en Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1983), Balconadas de Betanzos (1990), Arte e lixo (2000) e Exposición galaico-portuguesa de Chaves (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliófilo e filántropo. Estudiou dereito en Madrid, onde contactou con grupos galeguistas como Xuventude Céltiga. Na década de 1930 acudiu e participou nos parladoiros frecuentados por Castelao, Otero Pedrayo ou Villar Ponte e afiliouse ao Partido Galeguista. Despois da Guerra Civil continuou militando no galeguismo e, durante anos, formou unha colección integrada por obras, documentos e publicacións relacionados con Galicia. No 1956 fixo entrega simbólica da súa biblioteca á Editorial Galaxia, e formalizouse esta situación en 1963 coa creación en Vigo da Fundación Penzol. Presidiu o padroado que rexe a Fundación e continuou facendo doazóns ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Arman, formouse na École National d’Art Décoratif de Nice e en 1949 trasladouse a París, onde estudiou na École du Louvre ata 1951. Foi un dos primeiros artistas en empregar materiais de refugallo para crear ensamblaxes formadas pola acumulación de obxectos. Destacan as súas series Accumulations (1959-1960) e Nouvelles Poubelles (1970-1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director xeral de Octo Europa Estudios SL. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid. Traballou en Faro de Vigo, La Gaceta del Norte e El Correo Español-El Pueblo Vasco, neste último foi redactor xefe, e como director-adxunto de La Voz de Galicia. Profesor titular de Tecnoloxía da Información na Universidad del País Vasco. Dirixiu as coleccións editoriais “Reportaje-Documento” e “Ahora”. Recibiu, entre outros galardóns, a medalla do Mérito Militar e a insignia de ouro da Sociedad Filatélica da Coruña. Publicou Estudio postal sobre el ejército y las guerras de España e La batalla de Elviña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de España, duque de Parma, Piacenza e Guastalla (1765-1801), fillo do duque Filipe I. Decretou a expulsión dos xesuítas dos seus estados, suprimiu a Inquisición, practicou unha política regalista e negouse a ser feudatario da Santa Sé. Opúxose á ideoloxía revolucionaria e ao imperialismo de Napoleón, que en 1801 lle arrebatou os estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1367-1383), fillo de Pedro I e Constanza de Castela. Trala morte do rei castelán Pedro I o Cruel (1369), emprendeu numerosas guerras, nas que asinou alianzas cos reis de Aragón, Granada e Inglaterra, co fin de reclamar para si o trono de Castela. Promulgou a Lei das Seismarias (1375) que procuraba o desenvolvemento da agricultura e da navegación. Trala súa morte sen herdeiro varón, sucedeuno o seu irmán Xoán, mestre de Avís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín sindicalista e órgano de FETE-UGT-Galicia dende 1983. Mantivo unha periodicidade máis ou menos mensual ata 1990 e proseguiu dun xeito máis irregular ata 1998. Cunha orientación informativa e profesional (oposicións, concursos, actividades de Escola Viva, etc), centrouse nos procesos de negociacións, dende a reivindicación da homologación retributiva dos funcionarios docentes, as condicións de traballo, os cadros de persoal, a estruturación dos corpos, a reforma da Función Pública, ata o sistema de selección do persoal docente e non docente interino, a necesidade dunha reforma educativa ou a participación do profesorado na súa propia formación. As mobilizacións e as convocatorias de folga tamén tiveron un destacado seguimento. Na actualidade emprégase para informacións sectoriais ou puntuais, xa que foi substituído como órgano periódico pola revista Profesionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Profesor das universidades de Bonn (1840) e de Tübingen (1842), defendeu a idea da existencia de Deus no home e por riba do home. Das súas obras destacan Beiträge zur Characteristik der neueren Philosophie (Contribución ás características da filosofía moderna, 1829), Grundzüge zum System der Philosophie (Tres fundamentos para o sistema da filosofía, 1833-1846) e System der Ethic (1850-1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e dramaturgo. Autor de pezas como Grêve geral (1948), Pantomima Trágica (1950), A menina sen nome (1953), Os fantasmas (1959), Tragédia para rir (1962), O asilado (1962) ou A raposa e as uvas (1953), texto sobre o que Maximino Queizán preparou un espectáculo homónimo, presentado en 1966 e 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formado en Santiago de Compostela, exerceu coenxías en Salamanca e Mondoñedo e foi elixido membro do consello do Rei. Posteriormente marchou a Perú onde foi bispo de Guamanga e despois de Quito. Nomeado vicerrei de Perú e arcebispo de Santa Fe, renunciou a ambos os dous cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amor ou paixón pola música.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á filharmonía.

    2. Relativo a unha sociedade, organismo ou institución que fomenta os intereses musicais.

    3. Que ou quen é afeccionado ou apaixonado pola música.

    VER O DETALLE DO TERMO