"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Forcarei, no concello homónimo. O seu cumio acada os 708 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cee baixo a advocación de san Xián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Moreiras (Toén). Foi edificado sobre un forte desnivel do terreo que se salvou cun muro de contención. De planta rectangular, ten dous andares. O acceso ao piso superior realízase por unha escaleira en forma de L que se localiza no patio. No patio ergueuse unha capela, un hórreo e a casa dos caseiros. Non ten pedra de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiros pasos que se dan ou progresos que se fan ao comezar calquera aprendizaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore que produce peros.

    2. Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘pote’.

    3. Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘cepo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Madanela de Montes (Forcarei). O seu cumio acada os 803 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche, capital do concello de Moeche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Ourense, que abrangue os concellos de Esgos e O Pereiro de Aguiar. Está composto por 16 parroquias matrices e 2 parroquias filiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega.

    2. Liñaxe galega que trae como armas, en campo de prata, unha árbore de sinople, cargando un escudo, de prata, que á súa vez está sobre unha cruz floreada, de sinople. Outros traen, en campo de sinople, un castelo, de prata, e unha cadea saíndo pola porta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Foi arquitecto municipal de Vigo e subdirector xeral de urbanismo da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas (COTOP). Das súas obras destacan os proxectos do hotel Palacio del Carmen en Santiago de Compostela e do mosteiro das beneditinas de Trasmañó en Redondela. Publicou Desarrollo y deterioro urbano de la ciudad de Vigo (1981), A Casa da Troia (1995) e Rincones de Compostela: la obra de Manuel Pereiro Caeiro (1996). A súa conversión dunha antiga fábrica de curtidos nun conxunto de vivendas en Santiago de Compostela recibiu o Premio Europa Nostra (1994); ademais foi galardoado co Primeiro Premio do COAG (1992) e o Premio Irmáns Gómez Román (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e crítico de arte. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1956), ampliou estudos en Madrid e París e especializouse en anatomía patolóxica e análises clínicas. Vinculado desde moi novo á arte e á cultura, foi membro fundador do colectivo Atlántica, promotor e dinamizador das citas Bayona Horizonte Atlántico, comisario de múltiples exposicións, director da sección de arte da revista Galicia Moda (1985-1992) e editor de Futura (1987-1988), director da colección Aguatinta e editor de carpetas de gravados. Foi asesor de diversas institucións, director dos Museos do Real Club Celta de Vigo, membro do Patronato do Museo Municipal Quiñones de León de Vigo, asesor do grupo que puxo en marcha a Mostra Unión Fenosa e presidente da Asociación de Críticos de Arte de Galicia. Colaborador en diversos medios e publicacións, publicou A batalla de Rande (2002). Recibiu a medalla de honra da Mostra Unión Fenosa (2001) e a Llave do Museo Massó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Traballou nas obras do ferrocarril en Madrid, Iruña e Zaragoza ata que en 1872 se instalou definitivamente en Santiago de Compostela, onde foi arquitecto municipal en 1873. Introduciu na arquitectura compostelá o emprego do ferro e do cristal. Das numerosas obras que realizou no centro histórico da cidade, destacan a sede do Casino de Santiago, a ampliación do Banco Simeón (1876), a sede da Banca Olimpio Pérez (1886) e os edificos hoxe sede de El Correo Gallego (1885), da Fundación Torrente Ballester (1890) e da Fundación Caixa Galicia (1895), así como o derrubado asilo de anciáns do Camiño Novo (1900). Foi nomeado comendador da Real Orden de Isabel la Católica (1880) e cabaleiro da Real Orden de Carlos III (1882)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Ourense, situado no S da Comunidade Autónoma de Galicia e no N da provincia de Ourense. A súa posición xeográfica é 42° 20’ 40” latitude N e 7° 43’ 10” lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Coles e Nogueira de Ramuín (comarca de Ourense), ao L co de Esgos (comarca de Ourense), ao S co de Paderne de Allariz (comarca de Allariz-Maceda) e ao O con Ourense e San Cibrao das Viñas (os dous da comarca de Ourense). Abrangue unha superficie de 60,9 km 2 , en que acolle unha poboación de 5.234 h (2007), distribuída nas parroquias de Calvelle, Covas, Chaodarcas, A Lamela, Melias, Prexigueiró, Sabadelle, San Martiño de Moreiras, San Xoán de Moreiras, Santa Marta de Moreiras, Tibiás, Triós e Vilariño. A capital está no lugar do Pereiro de Aguiar, parroquia de Prexigueiró, localizada a 116 km de Santiago de Compostela e a 5 de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ourense.
    Xeografía física
    O concello esténdese...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Doutor en Medicina pola Universidad de Madrid, especializouse en dermatovenereoloxía e micoloxía médica. Profesor na Universidade de Santiago de Compostela (1947-1965), colaborou en diversas publicacións españolas e estranxeiras e, dos seus artigos, destacan “El Suelo como reservorio de agentes de micosis humanas” (1989), “Micosis profesionales” (1992), “Hongos del entorno patógenos para el hombre” (1999) e “Distribución geográfica de los dermatofitos en España durante el período 1950-1997” (2001). É académico numerario da Real Academia Gallega de Ciencias, da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e do Instituto Pasteur. Recibiu o Premio Xunta de Galicia de Investigación (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Traballou para a catedral de Santiago de Compostela, onde en 1661 realizou 78 medallóns en madeira para o tabernáculo, e en 1662 os dous froiteiros de pedra da porta dos Perdóns. En 1667 asinou un contrato co cóengo da catedral e comprometeuse a traballar para o templo durante dous anos. Tamén realizou a escultura da fachada de Nosa Señora da Pastoriza na Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Souto (A Estrada). O seu cumio acada os 656 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Castro de Rei de Lemos (Paradela). O seu cumio acada os 753 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lois Sánchez Pereiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Manín (Lobios). O seu cumio acada os 700 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia situada no L da illa de Ons, entre as puntas da Malaxa e a do Castelo, na parroquia da Illa de Ons (Bueu).

    VER O DETALLE DO TERMO