Pereiro, Brais do

Pereiro, Brais do

Escultor. Traballou para a catedral de Santiago de Compostela, onde en 1661 realizou 78 medallóns en madeira para o tabernáculo, e en 1662 os dous froiteiros de pedra da porta dos Perdóns. En 1667 asinou un contrato co cóengo da catedral e comprometeuse a traballar para o templo durante dous anos. Tamén realizou a escultura da fachada de Nosa Señora da Pastoriza na Coruña.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela