"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Museo situado en Londres, fundado a partir da colección persoal de sir Hans Sloane (1660 - 1753), que inclúe unha gran variedade de plantas, animais e fósiles, así como máis de 600 exposicións. Estivo englobado dentro do British Museum ata 1881, cando se trasladou de Blomsbury a South Kensington. En 1986 anexionouse ao Geological Museum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de beneficencia e protección mutua fundada en La Habana en 1928 por ortigueireses que vivían en Cuba. Foi a derradeira asociación que implantaron os emigrantes galegos en Cuba e o seu obxectivo era axudar aos socios enfermos, sen traballo ou imposibilitados fisicamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de natural.

    2. Falta de afectación ou artificialidade.

    3. Adaptación das normas coa orde regular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófica que non admite nada exterior ou superior á natureza como conxunto da realidade existente, e que, consecuentemente, intenta comprender todas as cousas segundo as leis naturais, sen recurso a ningún principio transcendente. Aínda que por definición se opón a todo o que sexa sobrenatural, non quere dicir que se opoña ao espiritual, e neste sentido hai que distinguilo do puro positivismo. Destacou John Dewey.

    2. Tendencia artística que representa o realismo máis libre, a nivel de técnica e temática. É contraria ao idealismo e ao simbolismo. Émile Zola empregaba esta denominación para falar do impresionismo.

    3. Escola literaria que naceu en Francia ao redor de 1880 e que se manifesta, sobre todo, na novela e no teatro. Despois de 1850 a difusión do positivismo e o entusiasmo polos estudos científicos conduciu os novelistas a utilizar os métodos das ciencias experimentais e aceptar a tese de Taine: o home sométese ao determinismo universal, os sentimentos e os caracteres son rigorosamente predestinados, e unhas leis, especialmente as da herdanza, rexen o contexto literario. A novela non é máis ca unha parte da historia natural e o escritor ten que usar os métodos da nova ciencia: observación e experimentación, tendo como obxectivo a reprodución da realidade cunha obxectividade perfecta en todos os seus aspectos, tanto nos máis sublimes como nos máis vulgares. E. Zola deu as normas da nova escola no Roman expérimental (1880), no Naturalisme au théâtre (1881) e nos Romanciers naturalistes (1881), resumindo as bases teóricas da novela realista no estudo do temperamento e...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao naturalismo.

      2. Seguidor do naturalismo.

    1. Persoa versada en historia natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de naturalizar ou naturalizarse.

      1. Modalidade de adquisición de nacionalidade, posterior ao nacemento, que se produce mediante unha declaración de vontade do adquirinte e unha autorización da autoridade estatal, outorgada de forma discrecional ou suxeita a determinadas regras. O dereito civil español establece dous tipos de naturalización: por carta de naturalización e por residencia. O tempo de residencia esixido é de dez anos continuados, reducidos a dous para os súbditos dos países iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Portugal, Guinea Ecuatorial e os de orixe sefardí, e a un ano para os nacidos en territorio español, os de pai ou nai orixinariamente españois,  os casados con español ou española e os que non exercitasen a facultade de opción para a adquisición da nacionalidade. Hai que seguir un expediente no rexistro civil e unha vez outorgada a naturalización, ten que seguir inscrita no rexistro.

      2. carta de naturalización

        Carta de concesión a un súbdito estranxeiro da nacionalidade do país que a outorga. Normalmente outórgaa o xefe do estado, dunha maneira discrecional, mediante Real Decreto e en atención a circunstancias excepcionais.

    2. Adaptación dunha especie vexetal ou animal a unha rexión e a unhas características que non lle son propias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de naturalizar ou naturalizarse.

    2. Que recibiu a nacionalización noutro estado diferente ao seu orixinario.

    3. Aplícase á planta de procedencia estranxeira que se difundiu nunha rexión e que vexeta e se multiplica coma as plantas indíxenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conceder a un estranxeiro a cidadanía dun estado.

    2. Admitir como propio dun lugar ou país algo estranxeiro ou foráneo.

    3. Aclimatar unha especie animal ou vexetal a un ambiente que non é o seu.

    4. Adquirir un estranxeiro a cidadanía dun estado.

    5. Difundirse unha especie vexetal ou animal exótico por un territorio, como se fose natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura precolombiana que se desenvolveu na rexión costeira do S de Perú desde 300 a C a 1000, no val do río Nazca. Os depósitos desta cultura están no interior, nunha rexión desértica e desolada. Non se coñecen cidades nin centros relixiosos do pobo que a creou. Todos os materiais coñecidos proceden das tumbas, que consisten en pozos profundos e verticais que van parar a cámaras onde están as momias envolvidas con mantos, ponchos e outras pezas de roupa, e xoias de ouro, prata e cobre. Pertencen a esta cultura dúas estrañas realizacións. Por unha parte, existe un monumento chamado La estaquería, formado por longas fileiras de troncos de árbores cravados na terra, de finalidade descoñecida. E pola outra parte, hai un conxunto de figuras e de liñas monumentais (feitas sobre a terra) que, vistas desde o aire, forman figuras de animais ou debuxos xeométricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Temperatura en que os materiais ferrimagnéticos ou antiferromagnéticos se converten en paramagnéticos. Este cambio ten lugar cando os momentos magnéticos dos átomos ordenados antiparalelamente perden a súa aliñación. OBS: Tamén se denomina punto de Néel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de negro.

    2. Escuridade intensa.

    3. Estado ou sentimento de tristeza ou melancolía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento pitórico, tamén coñecido como nova figuración, que reacciona contra a estética institucionalizada do informalismo e propón un regreso á figuración. Conserva unha boa parte de pegadas informalistas e da pintura de acción e, liberado do peso da tradición académica representativa, lánzase á dura crítica do seu contexto opresor. O seu representante máis significativo foi o irlandés F. Bacon e, en España, A. Saura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • neofigurativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neofigurativismo.

    2. Seguidor do neofigurativismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. nervación.

    2. Moldura saínte nas volutas oxivais ou nunha bóveda.

    3. Reforzo, xeralmente en forma de cordón, que se coloca en certas pezas, especialmente de fundición, para asegurar a transmisión das forzas ás outras pezas e evitar a deformación ou as fendeduras por efecto de forzas secundarias. As nervaduras aumentan a resistencia e a rixidez da peza sen incrementar moito a sección nin o peso.

    4. Conxunto e disposición dos nervios das ás dos insectos. Non é invariable, presenta características particulares para cada familia ou grupo, e os seus detalles teñen un valor sistemático.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen padece neurastenia.

    2. Manía, obsesión ou alteración nerviosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nervios ou ao sistema nervioso.

    2. Arco formado pola unión das dúas apófises superiores ou neurais que xorden, unha por cada costado, da parte superior de cada unha das vértebras dos peixes. Por este arco pasan a medula e a aorta dorsal.

    3. Ancheamento da ectoderma que está presente na rexión dorsal media do embrión na fin da terceira semana de vida intrauterina. É o primeiro esbozo do sistema nervioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dor intensa en forma de crises paroxísticas de carácter pulsativo ou lancinante que se irradia polo territorio de distribución sensitiva dun nervio periférico.

    2. Dor cervical, irradiada pola extremidade superior, que é causada por algunha lesión intrarraquídea, artrose cervical, espondilites ou lesións do plexo braquial.

    3. Neuralxia que afecta a unha das tres ramas do nervio trixémino.

    4. Neuralxia irradiada polo territorio de innervación dun nervio intercostal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á neuralxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade nerviosa que se caracteriza polo cansazo físico e psíquico, e pola incapacidade de esforzarse e atender.

    VER O DETALLE DO TERMO