"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Antigo mosteiro de carácter familiar situado na provincia de Lugo. As fontes documentais testemuñan a súa colocación ben en Samos, no Incio, en Sarria ou en Folgoso do Courel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e político. Foi membro dos Estados Xerais en 1789. Elaborou a doutrina da Ideoloxía, que procuraba a análise das ideas co fin de descubrir as sensacións nas que se baseaban. Escribiu Les éléments d´idéologie (Os elementos da ideoloxía, 1801-1819), que comprendía: Idéologie (Ideoloxía, 1801), Grammaire générale (Gramática xeral, 1803), Logique (Lóxica, 1805), Traité sur la volonté (Tratado sobre a vontade, 1815) e Commentaire sur l’esprit des lois (Comentario sobre o espírito das leis, 1819).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que desvanece.

    2. Aparello que se utiliza para desvanecer parte dunha fotografía ao sacar a positiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha cousa perda intensidade gradualmente ata desaparecer.

    2. Facer desaparecer algo inmaterial, especialmente sentimentos, dúbidas ou ilusións.

    3. Ir perdendo unha cousa intensidade ata chegar a desaparecer.

    4. Desaparecer algo inmaterial, especialmente sentimentos, dúbidas ou ilusións.

    5. Perder o coñecemento momentaneamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de inferioridade na que está unha persoa ou unha cousa fronte ás demais.

    2. Circunstancia desfavorable dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non proporciona ningunha vantaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que desviriliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘eira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e militar. Discípulo de Meissonier, cultivou a temática militar e histórica. Entre as súas obras destacan Épisode du combat de Villejuif en 1870 (Episodio do combate de Villejuif en 1870) e Les funérailles de Pasteur (Os funerais de Pasteur, 1897). Entre outras decoracións destacan as da ábsida do Panthéon e as das salas do Hôtel de Ville de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que deteriora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que determina ou que fai que algo ou alguén sexa dunha maneira concreta.

    2. Elemento que ten como principal función co-ocorrer con substantivos para expresar unha ampla gama de contrastes semánticos, como cantidade ou número. En sentido amplo, refírese aos elementos constituíntes do sintagma nominal que dependen do substantivo, director ou constituínte principal daquel. Esta función pode estar desempeñada por artigos, adxectivos ou complementos do nome, que actualizan o substantivo (determinado ou nominal) e que lle ofrecen as súas determinacións. Nun sentido máis restrinxido e frecuente, refírese aos elementos gramaticais que concordan en xénero e número cun substantivo, ao que especifican e matizan no seu significado. Poden estar representados por artigos (o neno, un libro), posesivos (meu pai), demostrativos (esta casa), cuantificadores (moitos homes, cinco anos) ou identificadores (calquera noite), entre outros. Na gramática xenerativa, o determinante...

    3. Dada unha matriz cadrada da orde n, A=(a ij ) suma dos n! termos (-1)’ a 1k1 a 2k2 ...a nkn . O determinante de A acostuma representarse pechando a matriz con dúas barras verticais. O número n é a orde do determinante. Un determinante pode estar representado en termos dos elementos e cofactores de calquera fila ou columna da matriz.

    4. Aplícase á parte do antíxeno que recoñece o lugar activo do anticorpo e condiciona a especificidade da reacción entre ambos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a propiedade de detonar.

    2. Substancia capaz de producir unha detonación ou explosión.

    3. Factor que provoca a orixe de algo.

    4. Mestura de dous gases que poden estoupar ao combinárense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta, farmacéutico e químico. A súa obra tivo dous aspectos: os estudios para intentar demostrar que a arte románica se orixinou en Catalunya e a elaboración dunha ambiciosa teoría sobre as civilizacións e os ciclos históricos. Entre as súas obras destaca Matemática de la historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome alemán de Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carencia de sensibilidade á cor verde, resultado da ausencia de actividade dos deutoconos, conos sensibles á porción verde do espectro visible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa que está afectada de deuteranopía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos libros bíblicos recollidos na tradución grega do Antigo Testamento e na Vulgata, excluídos do canon xudeu. A canonicidade destes libros non chegou a definirse na Igrexa Católica ata finais do Concilio de Trento (1546). A eséxese da Igrexa Reformada refírese a eles como libros apócrifos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante e poeta suízo. Foi soldado en Italia (1516) e defensor da Contrarreforma. Deseñou gravados, vidreiras e o cadeirado do coro da catedral de Berna. As súas obras caracterízanse polos detalles macabros e burlescos; entre elas destacan A tentación de santo Antonio, ou A morte e a moza. Partidario do movemento iconoclasta protestante, abandonou os temas relixiosos e cultivou os mitolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria alemá fundada no ano 1870, con sede en Frankfurt. Foi o primeiro banco alemán desde 1876, ano no que absorbeu o Berliner Bankverein e o Deutscher Union Bank. Abriu a súa primeira oficina en Berlín. Tres anos despois da súa creación posuía oficinas en Hamburgo, Bremen, Yokohama, Londres e Xangai. En 1914 estaba considerado como o máis importante do mundo. Trala Segunda Guerra Mundial, dividiuse en dez entidades menores que se fusionaron definitivamente en 1957. Introduciuse en España en 1904 coa súa participación no Banco Alemán Trasatlántico de Barcelona. En novembro de 2001 creou en España o servizo Deutsche Bank 24 para a atención preferente de clientes particulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banco central de Alemaña, constituído en 1957 en Frankfurt. Encárgase da emisión do diñeiro e de elaborar as normas de política monetaria do Estado. Substituíu o Reichsbank, disolto en 1961.

    VER O DETALLE DO TERMO