Deutsche Bank AG

Deutsche Bank AG

Entidade bancaria alemá fundada no ano 1870, con sede en Frankfurt. Foi o primeiro banco alemán desde 1876, ano no que absorbeu o Berliner Bankverein e o Deutscher Union Bank. Abriu a súa primeira oficina en Berlín. Tres anos despois da súa creación posuía oficinas en Hamburgo, Bremen, Yokohama, Londres e Xangai. En 1914 estaba considerado como o máis importante do mundo. Trala Segunda Guerra Mundial, dividiuse en dez entidades menores que se fusionaron definitivamente en 1957. Introduciuse en España en 1904 coa súa participación no Banco Alemán Trasatlántico de Barcelona. En novembro de 2001 creou en España o servizo Deutsche Bank 24 para a atención preferente de clientes particulares.