Deutsche Bibliothek

Deutsche Bibliothek
Nome científico: [DDB]

Biblioteca alemá fundada en 1946, con sede en Frankfurt. Adquiriu a titularidade pública en 1969, cando comezou a funcionar como Biblioteca Nacional da RFA. Trala reunificación alemá (1990), fusionouse coa Deutsche Bücherei de Leipzig (1913) e converteuse na Biblioteca Nacional de Alemaña. Entre as súas responsabilidades como Biblioteca Nacional inclúense a conservación, catalogación e indexación bibliográfica, desde 1913, dos documentos publicados en Alemaña, das publicacións en lingua alemá e das traducións realizadas ao alemán. Cun fondo de case dezasete millóns de obras (1998), inclúe unha colección especial de literatura alemá do exilio (1933-1945) e unha abundante obra musical.