Deutsche Christen

Deutsche Christen
Nome científico: [Cristiáns alemáns]

Movementos evanxélicos xurdidos en Alemaña na primeira metade do s XX, en concreto no período de entreguerras (1918-1939), e que, nun principio, non se enemistaron co réxime nazi (1933-1945). Cómpre destacar a organización da Igrexa Nacional Alemana (Kirchenbewegung Deutscher Christen), fundada por Siegfried Leffler e Julius Leutheuser en Turinxia (1927). Entre os grupos asociados á organización cómpre destacar o movemento dirixido por Joachim Hossenfelder, influenciado polo partido nazi e de clara orientación política que entrou en conflito cos demais grupos en 1933 ao demandaren a derrogación do Antigo Testamento e a aprobación dun manifesto da “raza aria”, claramente antisemita. A organización dos Deutsche Christen foi prohibida despois da Segunda Guerra Mundial.