determinante
(
-
adx
Que determina ou que fai que algo ou alguén sexa dunha maneira concreta.
Ex: A morte da súa nai foi un feito determinante para a súa volta á cidade.
Sinónimos: concluínte. -
s
m
[LING]
Elemento que ten como principal función co-ocorrer con substantivos para expresar unha ampla gama de contrastes semánticos, como cantidade ou número. En sentido amplo, refírese aos elementos constituíntes do sintagma nominal que dependen do substantivo, director ou constituínte principal daquel. Esta función pode estar desempeñada por artigos, adxectivos ou complementos do nome, que actualizan o substantivo (determinado ou nominal) e que lle ofrecen as súas determinacións. Nun sentido máis restrinxido e frecuente, refírese aos elementos gramaticais que concordan en xénero e número cun substantivo, ao que especifican e matizan no seu significado. Poden estar representados por artigos (o neno, un libro), posesivos (meu pai), demostrativos (esta casa), cuantificadores (moitos homes, cinco anos) ou identificadores (calquera noite), entre outros. Na gramática xenerativa, o determinante é, xunto co substantivo, constituínte obrigatorio -e con frecuencia considerado director- do sintagma ou frase nominal. Ademais, este determinante pode estar precedido ou seguido dun pre- ou posdeterminante (toda a xente, a mesma muller).
-
s
m
[MAT]
Dada unha matriz cadrada da orde n, A=(a ij ) suma dos n! termos (-1)’ a 1k1 a 2k2 ...a nkn . O determinante de A acostuma representarse pechando a matriz con dúas barras verticais. O número n é a orde do determinante. Un determinante pode estar representado en termos dos elementos e cofactores de calquera fila ou columna da matriz.
-
determinante antixénico
[BIOQ]
Aplícase á parte do antíxeno que recoñece o lugar activo do anticorpo e condiciona a especificidade da reacción entre ambos.