determinativo -va
(< determinar)
-
adx
Que determina.
Ex: O resultado da análise foi determinativo, tiñan que operalo.
Confrontacións: determinante. -
adx
[LING]
-
Aplícase ao adxectivo que completa o substantivo limitando a súa extensión e concretándoo, engadíndolle algunha circunstancia determinada, aínda que non unha calidade. En contraposición polo tanto aos cualificativos, os adxectivos determinativos poden representar funcións deícticas (ese cogomelo), anafóricas (-Cantos cogomelos queres? -Dous quilos) ou catafóricas (Podo dicirche mil cousas: primeira...). Os determinativos inclúen diversos tipos de adxectivos: demostrativo (esta cadeira), cuantificador (moita xente), identificador (cada un deles), posesivo (a miña interpretación), interrogativo ou exclamativo (Cal queres?) e relativo (o lugar onde se produciu).
-
Aplícase a calquera forma gramatical, aínda que non sexa propiamente un adxectivo que acompaña o substantivo sen indicar ningunha calidade, como poden ser os artigos e os pronomes non persoais.
-
-
adx
[LING]
Na lingüística indoeuropea, elemento colocado entre a raíz e a desinencia dunha palabra que modifica a significación da raíz.