determinación
(
-
s
f
Acción de determinar ou determinarse.
-
s
f
Cousa que se decide facer.
Ex: O xuíz tomou a determinación de deixalo libre.
Sinónimos: decisión, resolución. -
s
f
Actitude de quen é firme á hora de decidir facer algunha cousa.
Ex: A súa firme determinación salvounos a vida a todos. Enfrontouse á súa enfermidade con moita determinación.
Sinónimos: decisión, resolución. -
[BIOL]
-
s
f
Proceso mediante o que os organismos tenden a un determinado desenvolvemento por un camiño específico.
-
determinación celular
Proceso mediante o que unha célula indiferenciada comeza especificamente un camiño de diferenciación entre todos os posibles para ela.
-
determinación embrionaria
Proceso polo que as células e os tecidos embrionarios se desenvolven nunha dirección única para constituír no organismo adulto unha determinada clase de células e de tecidos.
-
determinación sexual
Conxunto de distintos procesos biolóxicos que conducen á distinción sexual entre machos e femias nunha especie. Na maior parte dos seres vivos, a diferenciación sexual ten unha base xenética na que existen tres sistemas básicos. No sistema XX-X0 os machos presentan dous tipos de espermatozoides. Uns posúen un cromosoma sexual (X) e outros non (0). Cando un espermatozoide que porta o cromosoma X fecunda o óvulo, o resultado é unha femia (XX) e no caso de ser fecundado por un espermatozoide sen cromosoma sexual, o resultado é un macho (X0). No sistema XX-XY existen dous cromosomas sexuais distintos denominados X e Y. Os dous sexos presentan igual número de cromosomas e dous deles sexuais; as femias teñen dous iguais (XX) e os machos dous diferentes (XY). Os óvulos portan sempre o cromosoma sexual X, mentres que os espermatozoides poden levar o cromosoma X ou o Y. Os zigotos poden resultar machos e femias en igual porcentaxe (50%). Este é o sistema que presenta a especie humana, con 44 cromosomas non determinantes para o sexo, denominados autosómicos, e 2 cromosomas sexuais. No sistema ZZ-ZW, propio de aves e bolboretas, os machos presentan os dous cromosomas iguais e as femias os dous distintos. En moitas especies -entre as que se conta a humana-, debido a problemas de translocacións entre os cromosomas sexuais, no momento da formación dos gametos existen algúns individuos cun xenotipo XX, propio das femias, que teñen unha aparencia de macho, e outros cun xenotipo XY, típico dos machos, que se presentan como femias. Estes individuos son, as máis das veces, estériles. Noutras especies, a determinación do sexo débese á fecundación ou non do óvulo feminino. Típica das abellas e formigas, as femias reprodutoras -ou raíñas- teñen unha reserva de esperma que permite a fertilización dos óvulos que dan lugar a novas femias. Os ovos que non se fecundan sofren un proceso asexual de desenvolvemento embrionario, denominado partenoxénese, e dan lugar a machos cun só cromosoma sexual, pero fértiles, xa que producen espermatozoides mediante mitoses. A determinación sexual noutros animais non obedece a mecanismos xenéticos, así as larvas dos equiuroideos do xénero Bonellia, nun principio de vida libre, instálanse nos fondos mariños e dan lugar a femias. Mentres as larvas que entran en contacto con estas femias convértense en machos que se instalan no interior dos condutos xenitais da femia. Noutros vermes, como os do xénero Dinophilus, é o tamaño dos ovos o que determina o sexo do animal futuro, e son as femias as que presentan os ovos de maior tamaño. Nalgúns réptiles, como os sapoconchos ou os crocodilos, é a temperatura de incubación a que determina o sexo. Nalgúns peixes, a ausencia de machos na poboación provoca que algunhas femias se transformen en machos. Nalgunhas especies propias dos arrecifes, as femias convértense en machos por un estímulo visual relacionado co tamaño dos conxéneres. Outros animais, como certos nemátodos e escaravellos, presentan, en vez dunha única parella de cromosomas sexuais, un grupo de cromosomas asociados, polo que o número de cromosomas é distinto en cada sexo. Nos vexetais, a expresión do sexo pode variar, nalgunhas especies, en función das condicións ambientais.
-
s
f
-
s
f
[LING]
-
Relación entre dous elementos gramaticais, un dos cales, o determinado, depende doutro, o determinante. Deste xeito, en a casa de Pedro, por exemplo, Pedro forma parte dunha frase preposicional de Pedro que, como conxunto, determina a casa.
-
En glosemática, dependencia entre dous termos, un dos cales presupón o outro, pero que non acontece ao contrario.
-