"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Cibrao das Viñas. Ten dúas alturas cunha planta que se achega ao formato rectangular no exterior pero cunha estrutura interna que remite a unha escuadra, cun patio nun ángulo, rodeado por unha galería e unha escaleira exterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Termes en San Cibrán de Ribarteme (As Neves). Trátase dunha ponte de pedra do s XVI cun van semicircular, que se atopa no antigo camiño de Ribadavia a Tui.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Tribás (Pantón). O seu cumio acada os 659 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Betote (Sarria). O seu cumio acada os 556 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Cibrao.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Cibrao.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santo Ildefonso que dá nome ao concello de San Cibrao das Viñas, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Ourense, situado no centro-norte da provincia de Ourense e no centro-sur da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Ourense (comarca de Ourense), ao S coa Merca (comarca da Terra de Celanova) e Taboadela (comarca de Ourense), ao L co Pereiro de Aguiar (comarca de Ourense) e Paderne de Allariz (comarca de Allariz-Maceda), e ao O con Barbadás (comarca de Ourense). Abrangue unha superficie de 39,5 km 2 cunha poboación de 4.151 h (2007), distribuída nas parroquias de Gargantós, Noalla, Pazos de San Clodio, Rante, San Cibrao das Viñas, Santa Cruz da Rabeda e Soutopenedo. A súa capital é o núcleo de San Cibrao das Viñas, situado a 42° 17’ 58’’ de latitude N e 7° 52’ 10’’ de lonxitude O, que dista 4 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Desde o punto de vista xeomorfolóxico, San Cibrao das Viñas está vinculado á cubeta ourensá, coa presenza... -
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada en San Cibrao das Viñas. Construída no s XIV con reformas posteriores, ten unha soa nave con cuberta de madeira a dúas augas sostida por un beiril apoiado en canzorros xeométricos e figurados, de tradición románica. O arco triunfal é apuntado e apóiase en dúas liñas de imposta con molduras. No exterior destaca pola súa sobriedade. A espadana foi un engadido posterior.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Castro situado en Las (San Amaro), compartido tamén co veciño concello de Punxín. Foi escavado por F. López Cuevillas e V. Martínez-Risco (1922-1925), X. Lorenzo Fernández (1948-1950) e na década de 1980 por F. Fariña Busto. Dátase entre os ss I a C e o II d C. Presenta dous recintos concéntricos: a croa e un espazo exterior a esta. A croa está delimitada por unha muralla construída con cachotaría e bolos graníticos, e conta con escadas sinxelas ou de dobre derramo e pedras sobresaíntes do muro que darían acceso á parte superior, onde habería un paseo de ronda enlousado e delimitado por pequenos parapetos. As dúas portas de entrada están enfrontadas e gorecidas con cubos, e na leste localizouse un cuarto con banco corrido que sería o corpo de garda. No interior deste recinto atópanse vivendas con plantas circulares, trapezoidais, cuadrangulares ou ovais e co chan de xabre. O sistema defensivo do recinto exterior á croa presenta unha primeira muralla, construída con cachotaría, con dúas...
-
-
CABOS
Cabo do litoral cantábrico, situado entre a ría de Lieiro e a punta Portela Centoleiro, na parroquia de Lieiro (Cervo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de dúas medorras situadas en Pardavedra (A Bola). A primeira oculta unha cámara de planta poligonal formada por oito chantas e a segunda un sepulcro de corredor de planta circular formado por oito pedras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto do litoral cantábrico, situado na parroquia de Lieiro (Cervo). Foi un importante porto pesqueiro baleeiro na Idade Media e destacou desde o s XIV polos seus estaleiros destinados á construción de carabelas. A finais do s XVII converteuse nun porto de vital importancia para as Reales Fábricas de Sargadelos. Desde a década de 1960 o porto dedicouse á pesca do bonito e incrementou así a súa frota. Na década de 1980 construíuse o porto para o tratamento de materias primas e produtos industriais de aluminio. Posúe dous lugares para o atraque, o porto de Alúmina e o dique de Anxuela, situados a 1,5 km de distancia. Ao NL atópase o porto de Burela, co que está moi vinculado.